Mostrando entradas con la etiqueta Ferramentas TIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ferramentas TIC. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de mayo de 2019

CREA, FABRICA E XOGA

Existen múltiples aplicacións no mundo dixital que nos permiten crear actividades de acordo con todo o que queremos traballar, con posibilidades infinitas.

A meirande parte destas aplicacións son sinxelas, algunha como Hotpotatoes, unha das aplicacións máis famosas do panorama dixital en canto á creacion de actividades se refire. Con esta aplicación pódense crear múltiples xogos e exercicios. Permite un número limitado de xogos a realizar sen necesidade de rexistro, mais unha vez que estes rematen debedes rexistrarvos para continuar a utilizala. 
https://hot-potatoes.uptodown.com/windows

Por outra parte, Kahoot é unha aplicación que permite crear cuestionarios de avaliación a través da creación dun usuario, e que múltiples xogadores/as participen ó mesmo tempo. Para facelo, só tedes que introducir un código. 
Unha vez rematado o xogo, ordenaranse de maior a menor puntuación os/as participantes.
https://kahoot.com/

Coa aplicación Cerebriti, unha vez rexistrado/a, pódense realizar múltiples actividades dunha forma moi sinxela. Ofrece unha gran cantidade de posibilidades, unicamente debedes seguir os pasos que se indican na parte superior da páxina para finalizar con éxito a actividade.
https://www.cerebriti.com/editar-juego/nuevo/juegos-carrusel/

Constructor é unha actividade creada pola Xunta de Estremadura que permite crear actividades dunha forma moi cómoda. Non só está deseñada para que xente de distintas idades poida beneficiarse con ela. Contén máis de 50 actividades configurables. 
https://constructor.educarex.es/inicio.html


  
                                                           por: Alba González Rodríguez

A FÁBRICA DE FERRAMENTAS

Crear actividades nos medios dixitais adaptadas ós alumnos e alumnas resulta impresidincible nunha época na que a tecnoloxia é unha parte tan esencial da nosa vida. É por iso que cada vez son máis as ferramentas que permiten axilizar e simplificar esta tarefa. 

Unha aplicación tan simple como Educaplay, a cal non precisa ser descargada para usala e que tan só con crear unha conta de usuario/a é suficiente, pode facilitar a tarefa de calquer profesor/a. Con esta aplicación podedes crear unha infinidade de xogos educativos, como un exame tipo test, adiviñas, completar palabras, sopa de letras, etc. 
https://es.educaplay.com/


                             
Outra aplicación sinxela é Edilim. Precisa ser descargada para poder usala, pero a descarga é moi simple. Unha vez instalada no noso ordenador, resulta moi doada. Tan só debes escoller a actividade ou tafera que queredes realizar e seguir os pasos necesarios que vos permitirán crear unha infinidade de xogos didácticos.
https://edilim.uptodown.com/windows



                        

                           

Por outra banda, outra aplicación chamada Ardora tamén precisa ser descargada. Descargala é sinxelo, mais á hora de traballar con ela resulta algo máis complexa na miña opinión, xa que realicei unha actividade interactiva con ela e resultoume moi difícil entender o seu proceso de elaboración.
http://webardora.net/index_cas.htm





Unha das aplicacións coas que máis me costou traballar foi Scratch, xa que precisa utilizar programación para desenvolver as actividades. Pese a esta dificultade, xa que endexamais fixera algo semellante, pareceume unha moi boa aplicación que contempla múltiples posibilidades para traballar con ela.
https://scratch.mit.edu/ 



Algunhas das actividades que se crearon foron feitas con estas aplicacións e, pese a que era a primeira vez que traballaba con elas e facelo resultou un reto, esta foi unha oportunidade máis para aprender a utilizar a tecnoloxía na aula. 



                                                                por: Alba González Rodríguez

miércoles, 10 de abril de 2019

IDEAS PARA O PROFESORADO: MATERIAIS BÁSICOS PARA FOMENTAR O INTERESE DO ALUMNADO

Nesta entrada vou seguir comentando máis recursos cos que poder crear actividades interactivas aplicables na PDI (Pizarra Dixital Interactiva) e que fomenten, ao mesmo tempo, a aprendizaxe interactiva (aprender xogando) e as tecnoloxías.

Estes recursos están na seguinte ligazón: 
http://www.humanodigital.com.ar/150-herramientas-gratuitas-para-crear-materiales-educativos-con-tics/#.TqkdT5ul45Eque xa foi mencionada na entrada anterior.



EDUCAPLAY: é unha plataforma onde se crean actividades educativas multimedia. Permítenos deseñar as nosas propias actividades (crucigramas, adiviñas, ruletas de palabras, sopas de letras e moitas máis). Este soporte vainos permitir acceder á  creación deste tipo de actividades, pero ademais poderase participar por grupos para compartir traballos e as propias actividades. Deste modo, fomentarase maioritariamente a intelixencia lingüística, aínda que tamén outras como a musical, a matemática, etc.






KUBBU: é un xerador gratuíto de crucigramas, cuestionarios, exercicios de emparellar e clasificar, onde se fomentará a capacidade de memoria e atención do alumnado. Os exercicios creados nesta aplicación poden pasarse a papel, pero sobre todo, poden tratarse de maneira online en PDI, ordenadores, tablets e moitos outros aparatos electrónicos. 
A característica relevante desta aplicación é que, a medida que cada alumno/a realice unha actividade, poderanse seguir os seus resultados e comprobar como responden a este tipo de aprendizaxe.      
         







THATQUIZ: é unha aplicación que xera actividades matemáticas. Pode tratar dunha maneira didáctica e atractiva para o alumnado: exercicios con números enteiros, decimais, fraccións, xeometría, unidades,medidas, etc. Ademais de tratar a intelixencia matemática, trata tamén a lingüística porque se poden crear exercicios de vocabulario en calquer idioma (francés, inglés, galego, castelán).               


https://www.thatquiz.org/es/



                                                              Por: Aldara Fernández Domínguez

BUSCA DENTRO DAS LIGAZÓNS

Na seguinte entrada vou seguir explicando unha serie de recursos cos que se poden crear actividades interactivas, fomentando así o entusiasmo e curiosidade do alumnado na aula.



Tikatok: é unha aplicación que permite a creación de libros virtuais moi sinxelos e que ademais poden estar formados por imaxes e textos. Cando acabades de crear o caderno ou libro, podedes gardar o resultado e compartilo. 
Esta aplicación ten a vantaxe de que é gratuíta, pero tedes que rexistrarvos para poder dispor de todo o que ofrece, xa mencionado anteriormente. Creando unha actividade deste calibre fomentarase a intelixencia lingüística, xa que permitirá ao alumnado leer dunha maneira máis amena e divertida.


       
                                                   https://tikatok.com/



Wikimindmap: é un xerador moi sinxelo e doado de empregar no que se poden crear mapas conceptuais a partir de palabras. Despois de introducir a expresión que queremos empregar, ademais do motor para establecer relación entre este e a palabra anterior, poderemos xerar un mapa con termos relacionados coa palabra escollida. Desta forma, abrirase o recurso fixado con información relacionada coa palabra que se elixiu.





   
      http://ww1.wikimindmap.org/










 Memorize: é unha ferramenta que permite crear unhas wiki táboas para a memorización, é dicir, táboas formadas por dúas columnas onde podemos incluír contidos que queremos memorizar (listas de vocabulario, preguntas e respostas, etc.). Unha vez creadas as táboas, quen queira empregalas pode elixir entre esas dúas columnas ou ben ocultar unha delas. Os contidos ocultos iranse mostrando a medida que pulsemos o botón “mostrar”. Todo isto permitirá fomentar a capacidade de memorización de cada alumno e alumna, que axudará nun futuro para ter máis axilidade á hora de estudar.







                                                                                        
por: Aldara Fernández Domínguez

martes, 9 de abril de 2019

INDAGANDO ENTRE OS RECURSOS

Nesta entrada persoal falarei sobre unha ligazón que nos proporcionaron para levar a cabo unha serie de actividades interactivas. Esta ten por título "150 herramientas gratuitas para crear materiales": http://www.humanodigital.com.ar/150-herramientas-gratuitas-para-crear-materiales-educativos-con-tics/#.TqkdT5ul45E 


Esta páxina é moi útil porque ten unha variedade de recursos para poder crear moitas actividades virtuais que se poden aplicar á Pizarra Dixital Interactiva (PDI), axudando a fomentar a interacción entre o alumnado coas novas tecnoloxías. Está moi ben organizada, xa que se divide por seccións segundo o tipo e as funcións das actividades que queirades realizar. Por exemplo: xeradores de listas, sopas de letras e letras de vocabulario, xeradores de cómics e debuxos animados.
Os recursos que me chamaron a atención foron:

Myoats: consiste nun xerador moi completo de debuxos caleidoscópicos estilo mandalas. Ten varias utilidades, xa que permite configurar cores e empregar pinceis, contando con moitas máis ferramentas. 
No meu caso, realicei dúas mandalas onde poderán escoller a que máis lles guste para pintar na PDI.


https://www.myoats.com/


Generador de carteles para el aula de inglés: esta aplicación consiste en crear unha serie de carteis en inglés para ensinar na aula e que os rapaces e rapazas identifiquen esas palabras e aprendan así o idioma. Tamén permite pór esas tarxetas en outras linguas como francés, italiano, etc.


https://www.abcteach.com/free_word_wall_form.php


Estas aplicacións están creadas para axudar a deseñar actividades interactivas, xa sea para mostralas nunha PDI ou en calquera outra plataforma dixital. Con estas dúas podemos tratar as intelexencias múltiples, como a viso-espacial ou a lingüística-verbal. Ademais do anterior, estas son útiles para que o alumnado se interese máis e aprenda dunha maneira moito máis divertida e diferente.


                                                                                           Por: Aldara Fernández Domínguez.




miércoles, 3 de abril de 2019

PARA FINALIZAR COA BÚSQUEDA DE RECURSOS....

Nesta entrada seguirei comentando máis recursos interactivos de gran utilidade, todos eles aplicables ao noso proxecto das Pizarras Dixitais Interactivas (PDI) e ao noso tema das Intelixencias Múltiples.

Nas miñas entradas anteriores, explicei algúns recursos de páxinas mencionadas en 150 ferramentas para elaborar materiales e Artefactos Digitales para el Diseño de Actividades y Tareas de Aprendizaje. Porén, hoxe ilustrareivos con outra páxina coñecida baixo o nome de 8 Herramientas básicas para el profesor creativo.

Se tedes interese en saber máis sobre estas ferramentas, podedes premer no seguinte enlace: http://www.auladeocio.com/8-herramientas-basicas-para-el-profesor-creativo/


GOANIMATE ou Vyond. É un editor de vídeos animados que vos permite crear historias animadas con diálogos, personaxes, escenas... As opcións dun programa gratuíto son moi limitadas, porén este conta cunha versión Premium, permitindo así idear vídeos moito máis longos e a posibilidade de compartilos en redes. Tamén deixa abrir unha conta para traballar todo o colexio e poder usala os e as docentes.


https://www.vyond.com/


Con PIXTON, poderedes crear cómics, elexir os personaxes, cambiar as expresión faciais, crear escenas, insertar diálogos e sons...
Conta cunha versión apropiada para colexios, coñecida baixo o nome de PixtonSchool.
Se queredes saber máis sobre esta ferramenta ou ver algún exemplo, non dubidedes en consultar o noso cómic. Aquí vos deixamos o link para que poidades acceder cun só click 😉

SOCRATIVE. É algo parecido a un aula virtual. Dende o voso teléfono móbil, ou calquer outro dispositivo, poderedes programar tarefas, cuestionarios, subir apuntes e toda clase de arquivos para compartir co alumnado.
Os alumnos/as poderán acceder a esta plataforma para realizar as tarefas propostas.

https://socrative.com/



MINDMEISTER é unha ferramenta moito máis útil do que pode parecer a simple vista. Permítevos crear mapas mentais coa información moi ordenada. Ademais, conta coa posibilidade de incluír iconos e outros recursos, e pódese exportar en PDF ou en GIF. 
É unha forma creativa e divertida de ensinarlle ao alumando a organizar as ideas. Desta forma, ao utilizar a tecnoloxía o alumnado será máis creativo, activo e participativo.

https://www.mindmeister.com/es





Por: Alba González Bretaña


REMATE DA INVESTIGACIÓN DAS FERRAMENTAS TIC

Nesta última entrada persoal sobre a investigación de posibles recursos a utilizar no noso proxecto, profundizarei na páxina web "150 herramientas gratuitas para crear materiales".

Considero que botarlle unha ollada 👀 é de vital relevancia para todos os e as docentes, xa que contén unha gran multitude de recursos para crear actividades interactivas, pero tamén en papel, que fomentan unha mellor e maior aprendizaxe na aula grazas á curiosidade e o interese que estas causan no alumnado.
Ten sumamente organizada toda a información, dividindo os recursos por apartados según cal sexan as súas funcións e obxectivos. Por exemplo: xeradores de cuestionarios e exercicios; mapas conceptuais e mentais; xeradores de listas, sopas de letras e tarxetas de vocabulario; xeradores de cómics ou debuxos animados; ou xeradores de letras, contos, textos e nubes de palabras.


Probei varios dos recursos recomendados e, a pesar de que gran parte deles xa non están dispoñibles, caben mencionar ferramentas como:

Mindmeister. É un xerador de mapas mentais. A novidade é que permite a colaboración e o acceso a diversos usuarios/as ao mesmo tempo no mesmo mapa. Para comezar a utilizala só é necesario rexistrarse na modalidade "Basic", que é gratuíta. Ademais de permitir engadir ao propio mapa imaxes, emoticonos e  hipervínculos, pódese configurar para poñelo en modo presentación. Hai diversos modelos para escoller se non tes unha idea sobre a estrutura que o teu mapa vai adoptar, como o Brainstorming, o Life Plan ou o Lesson Planing, entre outros.




Myoats. É unha páxina que permite crear de forma moi rápida e sinxela mandalas ao teu gusto. O cursor segue os teus movementos e deseña automaticamente o debuxo. Pódese corear, borrar, facer zoom e compartir. Non ten dificultade algunha.🎨



https://www.myoats.com/



Generador de sopas de letras para resolver online de Deckerix. É unha páxina que permite facer a túa propia sopa de letras. Tras escoller o tema e a amplitude do recadro desta, podes insertar as palabras correctas e as palabras trampa. Estas últimas, aínda que son palabras, detectaranse como erros porque non están relacionadas co tema seleccionado.
Ao finalizar, automaticamente faise a sopa de letras coas palabras escollidas, colocándoas en vertical, horizontal, diagonal e de forma invertida.
Porén, encóntrolle un inconvinte e é que ten publicidade. Isto vén decir que hai que ter moito coidado se facedes unha sopa nesta páxina, xa que o alumnado esta exposto a este spam.🔍



http://deckerix.com/modulos/juegos/sopadeletras/
                



Actividades como estas marcan a diferenza nunha clase. Estes xogos fomentan unha aprendizaxe que permanecerá a longo prazo na súa memoria, conseguindo así os obxectivos propostos nas materias, pero cun método máis interactivo, participativo e entretido.


Por: Inés Fernández Prieto




martes, 2 de abril de 2019

MERGULLANDO ENTRE RECURSOS

A principal función dun/dunha docente é unha das máis complexas. Esta consiste en manter o interese de todos os alumnos/as dunha aula. Non só semella ser unha tarefa complicada, senón que así é. 

Non obstante, cada vez son máis os recursos cos que contamos para que o alumnado se sinta atraído pola materia e que o proceso de aprendizaxe sexa moito máis doado para os nenos e nenas. 

É por iso que todo/a docente que pretenda captar a atención do seu alumnado debe coñecer algunha destas aplicacións, as cales permiten deseñar actividades propias. Estas son un bo método de aprendizaxe que, ademais, permite adaptalas tanto ó contido como ás necesidades dos nenos e nenas.

As aplicacións que vou analizar a continuación foron recopiladas da páxina web 150 herramientas gratuitas para crear materiales educativos. Esta web foi unha das que máis chamou a miña atención nesta tarefa de procura de actividades, tanto polo sinxelas que son como pola gran cantidade de propostas que aquí se presentan. 

ThatQuiz. Esta aplicación xera de forma automática exercicios que permiten traballar varias intelixencias, como a intelixencia lóxico-matemática, a naturalista e a lingüística. É moi sinxela de utilizar e ademais permite facer modificacións sobre os contidos que queremos avaliar, converténdose así nun recurso fundamental non só en Educación Primaria, senón que tamén se adapta ós contidos de Educación Secundaria. https://www.thatquiz.org/es/

QuizBox. Esta aplicación en inglés permite crear ó mestre ou mestra cuestionarios adaptados a todos os alumnos e alumnas. http://www.quizbox.com/builder/

TikaTok. Esta aplicación, tamén en inglés, permite crear contos a partir de imaxes e textos. O seu uso é completamente gratuíto, sendo desta maneira unha boa forma de fomentar a lectura na escola. https://tikatok.com/

Generador de ejercicios para aprender la hora y leer el reloj. Con este xogo, os máis pequenos/as poderán aprender a hora dun xeito máis sinxelo e interactivo. http://www.mamutmatematicas.com/ejercicios/reloj.php



Todas estas aplicacións están deseñadas para ser utilizadas nunha PDI, á par que se traballan as intelixencias múltiples na aula. Coa utilización destas actividades interactivas, aprender resultaralles moitísimo máis divertido e atractivo.


                                                                                                 por : Alba González Rodríguez

miércoles, 27 de marzo de 2019

CONTINÚA A BÚSQUEDA DE RECURSOS

Nesta entrada seguirei comentando máis recursos interactivos de gran utilidade, todo eles aplicables ao noso proxecto das Pizarras Dixitais Interactivas (PDI) e ao noso tema das Intelixencias Múltiples.

Na anterior entrada, centreime máis na páxina de 150 ferramentas para elaborar materiales. Nesta comentarei novos recursos atopados durante a miña búsqueda noutras páxinas.

Unha delas é Artefactos Digitales para el Diseño de Actividades y Tareas de Aprendizaje, un recurso de gran eficacia que favorece un cambio de metodoloxía no cal o alumnado se convirte no protagonista do proceso de aprendizaxe.

Algún dos recursos que máis me chamaron a destacar nesta páxina foron:

O BLOG: un blog é un sitio web que recolle as publicacións, individuais ou feitas en grupo, publicadas nel. As publicacións ordénanse de xeito cronolóxico, aparecendo en primeiro lugar as máis recentes, e as máis antigas cara o final. Tamén conta cun sistema de comentarios, o cal permite engadir unha mensaxe a unha determinada publicación, así como un sistema bastante doado de usar que permite modificar todas as veces posibles tanto as entradas como o formato do propio blog.
Para crealo, dende o meu punto de vista, o mellor recurso é Blogger, aínda que existen outras semellantes como pode ser Wordpress.

Podedes botarlle un vistazo ao noso blog en xeral se queredes saber máis sobre este tema. 👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/ 


Para crear LIÑAS DO TEMPO, é decir, acontecementos ordenados de xeito cronolóxico, utilízase Dipity, unha das máis usadas. Destaca polo seu atractivo, así como pola posibilidade de engadir textos, imaxes, vídeos, enlaces...
Tamén existen outras moitas, entre as que cabe nomear Xtimeline e TimerimeEn todas ellas, pódense representar a duración dos procesos (onde comeza e onde acaba), así como introducir outras fases que acontecen entre un período determinado.

INFOGRAFIAS: unha infografía é unha representación visual moi atractiva sobre uns determinados contidos. Como ferramenta educativa, permítelle ao alumnado desenvolver a súa capacidade cognitiva, así como deixarse levar pola súa creatividade.
Algunha das ferramentas máis destacadas son Visual.lyInfogr.am e Flickr, as tres gratuítas, e que permiten crear e gardar numerosas infografías. Existen outras como no caso de Easily ou Canva, que tamén permiten escoller un deseño, crear e gardar, así como entrar para modificala todas as veces necesarias. É preciso rexistrarse en ambas.

Para realizar presentacións cabe mencionar Google Drive, unha ferramenta on-line que permite crear os documentos e compartilos, ou non, cunha serie de persoas, podendo todas elas acceder a el para modificalo. Outra ferramenta adecuada para esta tarefa é Projeqt, fácil de usar e moi utilizada en educación, contando con numerosos exemplos de uso. Por outra banda, Flowboard só esta polo momento dispoñible para iOS. 
Existen outras como Prezzi, que permite crear presentacións moi visuais a partir dun determinado modelo, sendo preciso rexistrarse para o seu uso.



Por: Alba González Bretaña

AFONDANDO NOS INSTRUMENTOS CLAVE

Como puidestes ver na miña anterior entrada, comentei maioritariamente páxinas web bastante útiles e prácticas para facer actividades interactivas.
Tras unha longa investigación, hoxe falareivos dos instrumentos e aplicacións que máis me chamaron a atención e que poderían servirme para facer as miñas catro actividades interactivas aplicadas ás PDI e, á vez, ao noso proxecto de Intelixencias Múltiples.

En primeiro lugar, Ardora é unha web moi útil e sinxela. Ademais de incluír o galego como posible lingua, contén manuais para facer actividades educativas, como sopas de letras, auto-dictados, reloxos, puzzles… Porén, é necesario descargar o programa para poder empleala.

Por outro lado, EdiLim tamén permite un uso didáctico dos materiais educativos escollidos. As actividades propostas poden ser tanto interactivas como descriptivas (estas últimas só mostran información, non permiten a participación activa do alumnado). 
http://www.educalim.com/cinicio.htm

Conta con 51 tipos de actividades distintas, como por exemplo: parellas, raios X, memoria, fraccións, crebacabezas, arrastrar imaxes ou identificar sons. 
As vantaxes de EdiLim son que non necesita instalación, permite unha gran cantidade de exercicios e é fácil de usar. Non obstante, hai que ter moi en conta que só admite formatos de texto .txt e formatos de son mp3Ao finalizar, o documento pódese exportar, importar ou gardar en formato XML.



http://chiscos.net/almacen/lim/vista4/vista4.html


  
Outra ferramenta que atopei foi Kubbu. Esta permite crear actividades e concursos educativos on-line, pero o inconvinte é que en ningún momento se pode descargar.
Para poder acceder, primeiramente deberase crear a conta de estudante ou perfil de grupo, a libre elección. Tras isto, a/o docente poderá crear o exercicio e establecer os permisos desexados para que o alumnado poida acceder e realizala. 


http://www.kubbu.com/


Hotpotatoes tamén conta con varios esquemas ou programas que permiten facer estas actividades interactivas. Está formada por unha pantalla principal na que podedes recoller a información que queredes que conteña a vosa actividade, como podería ser crear unha pregunta con múltiples respostas. A tarefa do alumado será escoller a correcta.

Por último, pero non menos importante, Educaplay. Na miña opinión, esta é a máis interesante. Despois de rexistrarse, permítevos crear de forma gratuíta unha gran variedade de xogos: adiviñas, crucigramas, mapas interactivos, Video Quiz ou tests, entre outros. 
Tras seleccionar a idade e o curso ao que se vai adicar, permite insertar imaxes ou audios para facer del unha actividade moito máis atractiva.
Tamén vos permite xogar ás creadas por outras persoas, e ver así as tendencias e a ampla variedade de ideas que hai pola rede.


                https://es.educaplay.com/




Por: Inés Fernández Prieto


COMO FACER UNHA WEBQUEST

En primeiro lugar, é importante saber que é unha webquest. É un modelo didáctico que consiste nunha investigación guiada onde a maior parte da información procede de internet. 

Esta actividade, ademais de promover o traballo en equipo, a autonomía dos/as estudantes e a utilización de habilidades cognitivas superiores, tamén contribúe a que o alumnado adquira competencias da sociedade da información (é dicir, a era actual). Tamén promove o pensamento creativo para a posterior resolución de problemas e análise de enunciados, xa que a actividade require un pequeno esforzo a maiores ademais do xa realizado.

Sabendo en que consiste e as vantaxes que ten, agora ímosvos proporcionar unha serie de ligazóns de como crear unha webquest. A nós facilitáronnos un cartafol onde se atopan todas as ligazóns que nos axudaron con esta tarefa. A páxina que nós empregamos para crear esta actividade foi: 



Imagen relacionada

https://sites.google.com/new?pli=1, que é un recurso gratuíto que ofrece Google. 



Tamén hai moitas máis páxinas nas que se poden crear, como poden ser http://www.aula21.net/Wqfacil/webquest.htm
ou https://support.wix.com/es/cómo-empezar/comenzando-5164576 .




A Webquest pódese organizar de diferentes maneiras segundo que páxina empreguedes para a súa creación. En Google Site, podédela dividir en pestanas, e que contará cunha introdución, a explicación da tarefa seguida dunha pestaña que explique o proceso, outras dos recursos que se poden empregar para crear unha Webquest, unhas conclusións, avaliacións e por último os créditos.





💣💥👉Lembrádevos do máis importante e non o esquezades nunca: na WebQuest, o alumnado NON busca a información porque xa vén dada polo profesor/a, senón que implica o almacenamento e a avaliación da información.

Se tedes curiosidade por coñecer o aspecto final da nosa webquest "O BOSQUE (EN)CANTADO", podedes vistar a entrada correspondente. Aquí deixamos o enlace co acceso directo 👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/03/o-bosque-encantado.html


Esperamos que vos fose de axuda esta breve aclaración e... Boa sorte!🍀💕 


viernes, 22 de marzo de 2019

NA PROCURA DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

Antes de comezar a explicar os recursos atopados durante a miña búsqueda persoal, é preciso saber que as actividades interactivas son unha ferramenta moi eficaz para establecer relación entre as persoas e os sitemas informáticos. En concreto, no ámbito da educación, son unha ferramenta moi demandada, xa que permiten aprender coñecementos dunha forma moito máis divertida e interactiva.


Durante a búsqueda de recursos interactivos, cada unha das miñas compañeiras mais eu indagamos en varias páxinas e consultamos diferentes recursos, tendo en conta que debían de ser recursos aplicables as Pizarras Dixitais Interactivas (PDI), así como ao noso proxecto das Intelixencias Múltiples.

Entre os recursos atopados durante a miña búsqueda persoal cabe destacar a páxina de 150 herramientas para elaborar mariales, onde me chamaron a atención os seguintes:

ThatQuiz: é un recurso web, destinado especialmente aos profesores/as e ao alumnado, que crea exercicios e permite ver os resultados de forma rápida. Para acceder a ela non é preciso rexistrarse, pois todos os exercicios están presentes na páxina principal. Permite o reforzo de materiais como matemáticas, aprendizaxe de conceptos, vocabulario en diferentes idiomas (inglés, francés, español e alemán) así como xeografía, ciencias... 


Fonte: https://www.thatquiz.org/es-D-z1/vocabulario/Espanol/


Fonte: https://www.thatquiz.org/es-D-z1/vocabulario/Espanol/




Convertidor online de cifras a texto en inglés, francés, español, italiano, potugués e alemán (Ultralingua): é unha ferramenta que permite traducir unha palabra a varios idiomas, ademais de ofrecer unha breve explicación desa palabra, así como a súa utilización e variantes.

Fonte: https://www.ultralingua.com/onlinedictionary/dictionary#src_lang=English&dest_lang=English&query=dog




Generador de Calendarios Parlantes:  é unha ferramenta que permite aprender de forma creativa e dinámica diversos temas en inglés, como por exemplo as horas, as rutinas, as cores, o tempo, a familia...
O seu funcionamento é moi doado e comprensible, axustado a nenos/as de Educación Primaria, pois só é necesario clicar nunha delas para poder accerder ao interior. Unha vez dentro, pódese tocar na flecha da dereita para que as imaxes cambien.
http://www.hello-world.com/games/learn.php/?language=Spanish&translate=English&activity=time







                                                                    



Por último, Crossword Puzzle Games, un recurso que permite realizar encruzillados. O seu funcionamento é moi básico e sinxelo de usar, pois só é preciso escribir unha serie de palabras e a posición na que queiras que aparezan (á dereita ou á esquerda) e darlle a crear. Para o seu uso non é preciso rexistrarse.






















Por: Alba González Bretaña





TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...