Para crear a nosa WebQuest, empregamos o recurso que ofrece Google, chamado Google Sites, onde se pode crear dunha maneira axeitada e doada. Aquí vos deixamos a ligazón para facilitarvos o traballo: https://sites.google.com/.
A nosa WebQuest titúlase "O BOSQUE (EN)CANTADO". Baséase na intelixencia musical e trata sobre unha excursión realizada nun venres 13 a un bosque un tanto peculiar próximo a Ourense.
Nese bosque, 4 excursionistas pérdense e faise de noite. Deciden durmir nunha cova onde se atopa desafortunadamente un monstro, e para calmalo só teñen a solución de tocarlle unha peza musical con instrumentos creados cos recursos naturais que atopen, para que así se quede durmido e non lles faga ningún dano. O obxectivo deste relato é que os/as excursionistas desenvolvan a súa creatividade para crear instrumentos.

Esta WebQuest está dividida en 7 páxinas formadas por: a introdución, onde se fai unha breve descrición explicando a historia pola que vai estar baseada a web; a tarefa, onde se explica como teñen que estar divididos os grupos e explica os obxectivos que teñen que seguir para alcanzar o traballo final; o proceso, no que se plantexan os pasos para resolver a tarefa anterior; os recursos, onde están postas as mellores páxinas para a creación desta webquest; a avaliación, na que se mostra información para orientar aos/ás estudantes para alcanzar os obxectivos da aprendizaxe; a conclusión, na que estará plasmada o resumo dos temas tratados e os resultados desta actividade; e os créditos, onde se explicitarán os obxectivos conseguidos, competencias e todas as referencias das fontes que se empregaron.
Para realizar todo o traballo anterior, o que fixemos foi organizarnos e repartir as páxinas entre cada membro do grupo. As dúas primeiras páxinas, introdución e tarefa, realizounas Alba Bretaña; da realización do proceso e mais a conclusión encargouse Inés; os recursos buscounos Aldara; e Alba Rodríguez encargouse da avaliación e dos créditos.
A intelixencia elixida foi a musical porque consideramos que era a máis interesante e menos aburrida para empregala nunha webquest, xa que os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria divertiranse creando os instrumentos musicais.
Para finalizar, imos deixarvos a ligazón da nosa WebQuest para que poidades botarlle unha ollada 👀👉
Para finalizar, imos deixarvos a ligazón da nosa WebQuest para que poidades botarlle unha ollada 👀👉
https://sites.google.com/view/httpsintelixenciamultiple-blog/introducci%C3%B3n |
Se queredes saber máis sobre o proceso de creación da WebQuest, podedes botarlle unha ollada á nosa entrada para aclararvos as dúbidas 👀👉https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/03/como-facer-unha-webquest.html
Esperamos que vos gustase!!!😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario