Antes
de comezar a explicar os recursos atopados durante a miña búsqueda
persoal, é preciso saber que as actividades interactivas son unha
ferramenta moi eficaz para establecer relación entre as persoas
e os sitemas informáticos. En concreto, no ámbito da educación, son
unha ferramenta moi demandada, xa que permiten aprender coñecementos
dunha forma moito máis divertida e interactiva.
Durante a búsqueda de recursos interactivos, cada unha das miñas compañeiras mais eu indagamos en varias páxinas e consultamos diferentes recursos, tendo en conta que debían de ser recursos aplicables as Pizarras Dixitais Interactivas (PDI), así como ao noso proxecto das Intelixencias Múltiples.
Entre os recursos atopados durante a miña búsqueda persoal cabe destacar a páxina de 150 herramientas para elaborar mariales, onde me chamaron a atención os seguintes:
ThatQuiz: é un recurso web, destinado especialmente aos profesores/as e ao alumnado, que crea exercicios e permite ver os resultados de forma rápida. Para acceder a ela non é preciso rexistrarse, pois todos os exercicios están presentes na páxina principal. Permite o reforzo de materiais como matemáticas, aprendizaxe de conceptos, vocabulario en diferentes idiomas (inglés, francés, español e alemán) así como xeografía, ciencias...
![]() |
Fonte: https://www.thatquiz.org/es-D-z1/vocabulario/Espanol/ |
![]() |
Fonte: https://www.thatquiz.org/es-D-z1/vocabulario/Espanol/ |
Convertidor online de cifras a texto en inglés, francés, español, italiano,
potugués e alemán (Ultralingua): é unha ferramenta que permite
traducir unha palabra a varios idiomas, ademais de ofrecer unha breve
explicación desa palabra, así como a súa utilización e variantes.
![]() | |
|
Generador
de Calendarios Parlantes: é unha ferramenta que permite aprender de forma creativa e dinámica diversos temas en inglés, como por exemplo as horas, as rutinas, as cores, o tempo, a familia...
O
seu funcionamento é moi doado e comprensible, axustado a nenos/as de Educación Primaria, pois só é necesario clicar nunha delas para poder accerder
ao interior. Unha vez dentro, pódese tocar na flecha da dereita para que
as imaxes cambien.
![]() |
![]() |
Por
último, Crossword
Puzzle Games,
un recurso que permite realizar encruzillados. O seu funcionamento é
moi básico e sinxelo de usar, pois só é preciso escribir unha
serie de palabras e a posición na que queiras que aparezan (á dereita ou á esquerda) e darlle a crear. Para o seu uso non é preciso
rexistrarse.
Por: Alba González Bretaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario