Considero que
botarlle unha ollada 👀 é de vital relevancia para todos os e as docentes, xa que
contén unha gran multitude de recursos para crear actividades interactivas,
pero tamén en papel, que fomentan unha mellor e maior aprendizaxe na aula
grazas á curiosidade e o interese que estas causan no alumnado.
Ten sumamente
organizada toda a información, dividindo os recursos por apartados según cal
sexan as súas funcións e obxectivos. Por exemplo: xeradores de cuestionarios e
exercicios; mapas conceptuais e mentais; xeradores de listas, sopas de letras e
tarxetas de vocabulario; xeradores de cómics ou debuxos animados; ou xeradores
de letras, contos, textos e nubes de palabras.
Probei varios dos
recursos recomendados e, a pesar de que gran parte deles xa non están
dispoñibles, caben mencionar ferramentas como:
Mindmeister. É un
xerador de mapas mentais. A novidade é que permite a colaboración e o acceso a
diversos usuarios/as ao mesmo tempo no mesmo mapa. Para comezar a utilizala só
é necesario rexistrarse na modalidade "Basic", que é gratuíta. Ademais
de permitir engadir ao propio mapa imaxes, emoticonos e hipervínculos, pódese configurar para poñelo
en modo presentación. Hai diversos modelos para escoller se non tes unha idea
sobre a estrutura que o teu mapa vai adoptar, como o Brainstorming, o Life Plan
ou o Lesson Planing, entre outros.
Myoats. É unha
páxina que permite crear de forma moi rápida e sinxela mandalas ao teu gusto. O
cursor segue os teus movementos e deseña automaticamente o debuxo. Pódese
corear, borrar, facer zoom e compartir. Non ten dificultade algunha.🎨
https://www.myoats.com/ |
Generador de sopas de letras para resolver online de Deckerix. É unha páxina que permite facer a túa propia sopa de letras. Tras escoller o tema e a amplitude do recadro desta, podes insertar as palabras correctas e as palabras trampa. Estas últimas, aínda que son palabras, detectaranse como erros porque non están relacionadas co tema seleccionado.
Ao finalizar,
automaticamente faise a sopa de letras coas palabras escollidas, colocándoas en
vertical, horizontal, diagonal e de forma invertida.
Porén, encóntrolle
un inconvinte e é que ten publicidade. Isto vén decir que hai que ter moito
coidado se facedes unha sopa nesta páxina, xa que o alumnado esta exposto a
este spam.🔍
http://deckerix.com/modulos/juegos/sopadeletras/ |
Actividades como
estas marcan a diferenza nunha clase. Estes xogos fomentan unha aprendizaxe que
permanecerá a longo prazo na súa memoria, conseguindo así os obxectivos
propostos nas materias, pero cun método máis interactivo, participativo e
entretido.
Por: Inés Fernández Prieto
No hay comentarios:
Publicar un comentario