miércoles, 10 de abril de 2019

BUSCA DENTRO DAS LIGAZÓNS

Na seguinte entrada vou seguir explicando unha serie de recursos cos que se poden crear actividades interactivas, fomentando así o entusiasmo e curiosidade do alumnado na aula.



Tikatok: é unha aplicación que permite a creación de libros virtuais moi sinxelos e que ademais poden estar formados por imaxes e textos. Cando acabades de crear o caderno ou libro, podedes gardar o resultado e compartilo. 
Esta aplicación ten a vantaxe de que é gratuíta, pero tedes que rexistrarvos para poder dispor de todo o que ofrece, xa mencionado anteriormente. Creando unha actividade deste calibre fomentarase a intelixencia lingüística, xa que permitirá ao alumnado leer dunha maneira máis amena e divertida.


       
                                                   https://tikatok.com/



Wikimindmap: é un xerador moi sinxelo e doado de empregar no que se poden crear mapas conceptuais a partir de palabras. Despois de introducir a expresión que queremos empregar, ademais do motor para establecer relación entre este e a palabra anterior, poderemos xerar un mapa con termos relacionados coa palabra escollida. Desta forma, abrirase o recurso fixado con información relacionada coa palabra que se elixiu.





   
      http://ww1.wikimindmap.org/










 Memorize: é unha ferramenta que permite crear unhas wiki táboas para a memorización, é dicir, táboas formadas por dúas columnas onde podemos incluír contidos que queremos memorizar (listas de vocabulario, preguntas e respostas, etc.). Unha vez creadas as táboas, quen queira empregalas pode elixir entre esas dúas columnas ou ben ocultar unha delas. Os contidos ocultos iranse mostrando a medida que pulsemos o botón “mostrar”. Todo isto permitirá fomentar a capacidade de memorización de cada alumno e alumna, que axudará nun futuro para ter máis axilidade á hora de estudar.







                                                                                        
por: Aldara Fernández Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...