miércoles, 30 de enero de 2019

INVESTIGANDO NA REDE


Para poder realizar os nosos propios recursos e aplicalos ao noso proxecto, primeiramente cada unha de nós debe analizar os xa feitos e, obviamente, que estén relacionados co noso tema, as Intelixencias Múltiples.

Na miña búsqueda persoal🔍, encontrei diversos recursos que nos poden ser moi útiles para telos en conta na creación dos nosos. Tendo como obxetivo a variedade e non a monotonía, propuxémonos a escolla de varios recursos distintos, como xogos, contidos multimedia ou audiovisuais, series ou recursos dixitais.
Para isto, tiven en conta as seguintes páxinas:




Neste enlace atópanse xogos educativos online para primeiro e segundo de Educación Primaria. Contén as materias e contidos destes dous cursos, desenvolvendo así as múltiples intelixencias: castelán e inglés (intelixencia lingüística), música (intelixencia musical), naturais (intelixencia naturalista), xogos, informática… Con actividades interesantes e divertidas, como identificar as notas musicais nun pentagrama, descubrir o corpo humano ou escoller algún animal de todos os que se atopan na PDI, adquirindo así información deles a través de preguntas.




Este blog recomenda outros blogs con intención educativa, tanto para o profesorado como para o alumnado. Entre eles, gustaríame destacar:

"Crea y aprende con Laura" (https://creaconlaura.blogspot.com/). Blog onde o profesorado pode buscar centos de ferramentas e actividades para favorecer o interese dos nenos/as na aula e facilitar a transmisión da información.

"El Mundillo de las TIC" (http://capileiratic.blogspot.com/). Blog para coñecer máis posibilidades de Google en Educación, con tutoriais para unha comprensión doada. Facilita recursos que permiten a interacción profesorado-alumnado, como unha explicación dos distintos usos de Google Drive.




Esta páxina web é moi útil. Ten varias seccións, en cada unha delas explica, con tutoriais incluso, como os nenos/as poden facer de forma creativa e sinxela carteis (con Glogster), comics (con Pixton), traballos coa lingua oral (grabación de audios para crear unha radio escolar, con Audacity) ou presentacións con fotos (con Photopeach). 




A partir de todas estas ideas, considero moi relevante ter en conta os seguintes recursos que fun atopando no noso proxecto:

Dora la Exploradora

"Dora la Exploradora" é un medio audiovisual educativo para os nenos/as dos primeiros cursos de Educación Primaria. Ademais de tratar de fomentar o inglés, esixe unha participación activa durante cada capítulo, tanto verbal como física. 
Hai cancións e xera actitudes positivas no alumnado, como non roubar (“Swiper no robes”).
Esta serie permítelles desenvolver a súa intelixencia lingüística, cinestésico-corporal, musical, lóxico-matemática e interpersoal.


Ortografía Española 

"Ortografía Española" é un xogo educativo moi práctico para o alumnado de Educación Primaria. Esta app ten múltiples opcións, todas elas para fomentar a boa ortografía. Contén 6 seccións: Probas (por temas ou por graos, a escoller), Plan de Estudo, Resultados, Estadísticas, Campeonato e Máis asignaturas (acceso a apps similares).
Esta aplicación de Play Store é un bo recurso para que desenvolvan a súa intelixencia lingüística, tendo cada vez menos erros ortográficos.✅🅐🅑🅒




Recursos educativos 

"Recursos educativos" é un medio dixital moi útil e práctico para o alumnado de todas as etapas de Educación Primaria. Inclúe videocontos e videocancións, e xogos e actividades das asignaturas propias de cada curso (matemáticas, lingua, coñecemento do medio e inglés). Permitindo así desenvolver a súa intelixencia lóxico-matemática, lingüística, naturalista e musical.


Por: Inés Fernández Prieto


No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...