Nesta entrada comentarei a miña
valoración crítica sobre o traballo e o proxecto que foi realizado ao longo do
curso por min e as miñas compañeiras, pertencentes ao grupo Work In, así como
o traballo levado a cabo polo resto de equipos.
Ao inicio do curso decidimos, como xa todos/as sabedes, escoller o tema das Intelixencias Múltiples, un tema que nos deu moito xogo á hora de realizar as actividades. Isto débese a que, ao haber 8 tipos de intelixencias, permitiunos nomealas a todas nas nosas actividades, sen excluír ningunha.
Cada unha de nós traballou de forma continua e diaria na realización das actividades que se nos propuxeron semana a semana, para evitar que se nos acumulara demasiado traballo para o final.
Foi así como logramos sacar adiante, dende o meu punto de vista, un bo traballo, froito do esforzo persoal de cada unha día a día.
Ademais, cabe mencionar que nas partes prácticas da materia, todas aprendemos unha gran cantidade de conceptos e aprendizaxes que ata o momento descoñeciamos e que nos serán de gran utilidade nun futuro.
En
canto á nosa exposición oral do proxecto, realizada baixo a presenza
das tres mestras responsables da materia e dos nosos
compañeiros e compañeiras, na miña opinión estou completamente satisfeita co resultado.
Demos a coñecer as diferentes actividades, cada unha delas
fomentando as diferentes intelixencias co obxectivo de concienciar
ao alumnado da necesidade de fomentar cada unha delas por igual,
aínda que alguén destaque máis nunhas que noutras.
As
presentación dos meus compeñeiros/as tamén estiveron moi ben, aínda
que foron dúas delas foron as que máis me chamaron a atención e que
pasarei a comentar a continuación.
En primero lugar, un grupo formado por tres boas compañeiras, trataron o tema dos hábitos saudábeis aplicado nunha revista
escolar dixital.
Desde
o meu punto de vista, trataron un tema fundamental para a
actualidade, reflexando de forma creativa unha gran cantidade de
actividades co propósito de concienciar ao alumnado de levar a cabo
hábitos saudábeis beneficiosos para a súa saúde.
Realizaron
unha exposición moi clara e seguras de si mesmas en todo momento,
mostrando paso a paso e explicando tanto as actividades realizadas
como o resultado final.
Outro grupo é o formado por 4
compañeiros e compañeiras, que trataron o tema da violencia de
xénero aplicado nunha revista escolar dixital.
Considero que elexiron un tema moi relevante co obxectivo de concienciar ao alumnado, xa dende Educación Primaria,
de que todos/as somos iguais, e a non discriminación por razóns de sexo
ou afectivas-sexuais.
Realizaron
unha exposición bastante clara, dando a coñecer as diferentes
actividades que realizaron ao longo do curso, todas elas en relación
ao tema a tratar.
Por último pero non menos importante, é preciso nomear que as prácticas realizadas nesta materia me foron de gran utilidade, pois grazas a iso fun capaz de coñecer unha gran cantidade de ferramentas que de seguro usarei nun futuro como mestra, así como unha gran cantidade de novos coñecementos ata o momento descoñecidos.
Por último pero non menos importante, é preciso nomear que as prácticas realizadas nesta materia me foron de gran utilidade, pois grazas a iso fun capaz de coñecer unha gran cantidade de ferramentas que de seguro usarei nun futuro como mestra, así como unha gran cantidade de novos coñecementos ata o momento descoñecidos.
Por: Alba González Bretaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario