Non obstante, cada vez son máis os recursos cos que contamos para que o alumnado se sinta atraído pola materia e que o proceso de aprendizaxe sexa moito máis doado para os nenos e nenas.
É por iso que todo/a docente que pretenda captar a atención do seu alumnado debe coñecer algunha destas aplicacións, as cales permiten deseñar actividades propias. Estas son un bo método de aprendizaxe que, ademais, permite adaptalas tanto ó contido como ás necesidades dos nenos e nenas.
As aplicacións que vou analizar a continuación foron recopiladas da páxina web 150 herramientas gratuitas para crear materiales educativos. Esta web foi unha das que máis chamou a miña atención nesta tarefa de procura de actividades, tanto polo sinxelas que son como pola gran cantidade de propostas que aquí se presentan.
→ThatQuiz. Esta aplicación xera de forma automática exercicios que permiten traballar varias intelixencias, como a intelixencia lóxico-matemática, a naturalista e a lingüística. É moi sinxela de utilizar e ademais permite facer modificacións sobre os contidos que queremos avaliar, converténdose así nun recurso fundamental non só en Educación Primaria, senón que tamén se adapta ós contidos de Educación Secundaria. https://www.thatquiz.org/es/
→QuizBox. Esta aplicación en inglés permite crear ó mestre ou mestra cuestionarios adaptados a todos os alumnos e alumnas. http://www.quizbox.com/builder/
→TikaTok. Esta aplicación, tamén en inglés, permite crear contos a partir de imaxes e textos. O seu uso é completamente gratuíto, sendo desta maneira unha boa forma de fomentar a lectura na escola. https://tikatok.com/
→Generador de ejercicios para aprender la hora y leer el reloj. Con este xogo, os máis pequenos/as poderán aprender a hora dun xeito máis sinxelo e interactivo. http://www.mamutmatematicas.com/ejercicios/reloj.php
Todas estas aplicacións están deseñadas para ser utilizadas nunha PDI, á par que se traballan as intelixencias múltiples na aula. Coa utilización destas actividades interactivas, aprender resultaralles moitísimo máis divertido e atractivo.
por : Alba González Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario