miércoles, 27 de marzo de 2019

AFONDANDO NOS INSTRUMENTOS CLAVE

Como puidestes ver na miña anterior entrada, comentei maioritariamente páxinas web bastante útiles e prácticas para facer actividades interactivas.
Tras unha longa investigación, hoxe falareivos dos instrumentos e aplicacións que máis me chamaron a atención e que poderían servirme para facer as miñas catro actividades interactivas aplicadas ás PDI e, á vez, ao noso proxecto de Intelixencias Múltiples.

En primeiro lugar, Ardora é unha web moi útil e sinxela. Ademais de incluír o galego como posible lingua, contén manuais para facer actividades educativas, como sopas de letras, auto-dictados, reloxos, puzzles… Porén, é necesario descargar o programa para poder empleala.

Por outro lado, EdiLim tamén permite un uso didáctico dos materiais educativos escollidos. As actividades propostas poden ser tanto interactivas como descriptivas (estas últimas só mostran información, non permiten a participación activa do alumnado). 
http://www.educalim.com/cinicio.htm

Conta con 51 tipos de actividades distintas, como por exemplo: parellas, raios X, memoria, fraccións, crebacabezas, arrastrar imaxes ou identificar sons. 
As vantaxes de EdiLim son que non necesita instalación, permite unha gran cantidade de exercicios e é fácil de usar. Non obstante, hai que ter moi en conta que só admite formatos de texto .txt e formatos de son mp3Ao finalizar, o documento pódese exportar, importar ou gardar en formato XML.



http://chiscos.net/almacen/lim/vista4/vista4.html


  
Outra ferramenta que atopei foi Kubbu. Esta permite crear actividades e concursos educativos on-line, pero o inconvinte é que en ningún momento se pode descargar.
Para poder acceder, primeiramente deberase crear a conta de estudante ou perfil de grupo, a libre elección. Tras isto, a/o docente poderá crear o exercicio e establecer os permisos desexados para que o alumnado poida acceder e realizala. 


http://www.kubbu.com/


Hotpotatoes tamén conta con varios esquemas ou programas que permiten facer estas actividades interactivas. Está formada por unha pantalla principal na que podedes recoller a información que queredes que conteña a vosa actividade, como podería ser crear unha pregunta con múltiples respostas. A tarefa do alumado será escoller a correcta.

Por último, pero non menos importante, Educaplay. Na miña opinión, esta é a máis interesante. Despois de rexistrarse, permítevos crear de forma gratuíta unha gran variedade de xogos: adiviñas, crucigramas, mapas interactivos, Video Quiz ou tests, entre outros. 
Tras seleccionar a idade e o curso ao que se vai adicar, permite insertar imaxes ou audios para facer del unha actividade moito máis atractiva.
Tamén vos permite xogar ás creadas por outras persoas, e ver así as tendencias e a ampla variedade de ideas que hai pola rede.


                https://es.educaplay.com/




Por: Inés Fernández Prieto


No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...