Nas
miñas entradas anteriores, explicei algúns recursos de páxinas mencionadas en 150 ferramentas para elaborar materiales e Artefactos
Digitales para el Diseño de Actividades y Tareas de Aprendizaje. Porén, hoxe ilustrareivos con outra páxina coñecida
baixo o nome de 8 Herramientas básicas para el profesor
creativo.
Se tedes interese en saber máis sobre estas ferramentas, podedes premer no seguinte enlace: http://www.auladeocio.com/8-herramientas-basicas-para-el-profesor-creativo/
GOANIMATE ou Vyond. É un editor de vídeos animados que vos permite crear historias
animadas con diálogos, personaxes, escenas... As opcións dun
programa gratuíto son moi limitadas, porén este conta cunha versión Premium, permitindo así idear vídeos moito máis longos e a posibilidade de compartilos en redes. Tamén deixa abrir unha conta para traballar
todo o colexio e poder usala os e as docentes.
https://www.vyond.com/ |
Con PIXTON, poderedes crear cómics, elexir os
personaxes, cambiar as expresión faciais, crear escenas, insertar
diálogos e sons...
Conta
cunha versión apropiada para colexios, coñecida baixo o nome de
PixtonSchool.
Se queredes saber máis sobre esta ferramenta ou ver algún exemplo, non dubidedes en consultar o noso cómic. Aquí vos deixamos o link para que poidades acceder cun só click 😉
SOCRATIVE. É algo parecido a un aula virtual. Dende o voso teléfono móbil, ou calquer outro dispositivo, poderedes programar tarefas, cuestionarios, subir
apuntes e toda clase de arquivos para compartir co alumnado.
Os
alumnos/as poderán acceder a esta plataforma para realizar as
tarefas propostas.
https://socrative.com/ |
MINDMEISTER
é unha ferramenta moito máis útil do que pode parecer a simple vista.
Permítevos crear mapas mentais coa información moi ordenada. Ademais, conta coa posibilidade de incluír iconos e outros recursos, e pódese exportar
en PDF ou en GIF.
É unha forma creativa e divertida de ensinarlle ao
alumando a organizar as ideas. Desta forma, ao utilizar a tecnoloxía o alumnado será máis creativo, activo e participativo.
https://www.mindmeister.com/es |
Por: Alba González Bretaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario