Esta entrada vai
adicada a unha valoración crítica sobre a miña opinión persoal con respecto ao
noso propio proxecto e ao resto dos presentados na aula polos nosos
compañeiros/as.
En relación á nosa
proposta, estou amplamente orgullosa do noso traballo, xa que houbo moi boa
relación entre todas as integrantes e un gran interese común por aprender e
mellorar. Todas aportamos ideas e propuxemos unha mellora conxunta de todas e cada unha delas.
En canto á nosa exposición sobre as Intelixencias Múltiples na PDI, considero que foi boa, xa que as catro falamos o mesmo tempo, consecuencia da división equitativa da información. Pese a que estabamos un pouco nerviosas, intentámolo facer o mellor que puidemos e mostrarlles ao resto o noso arduo traballo que con tanto esforzo realizamos.

Con respecto ás
presentacións de proxectos amigos, todos fixeron un bo traballo.
Todas as/os integrantes de cada grupo falaron adecuadamente e limitándose ao tempo esixido, aportando actividades creadas por elas e eles mesmas/os e bastante creativas, organizadas dun xeito moi apropiado e comprensible. Como aspecto tratable e mellorable, podíase observar que os nervios de todos/as estaban a flor de pel, pero só é cuestión de práctica perder a ansiedade ante un público.
Gustaríame mencionar que a posta en escena dalgún grupo en especial captou o meu interese absoluto, debido a que toda a información aportada resultou moi interesante e foi explicada paso a paso de forma coherente.

Por último e como
conclusión final, gustaríame engadir que esta proposta de proxectos de
Prácticas de Novas Tecnoloxías foime de gran utilidade e de interese. Facer un
blog coas miñas compañeiras e crear nós mesmas recursos e actividades que
posteriormente poderemos utilizar (ou que polo menos saberemos crear outras novas) resultoume
moi entretido, aínda que ás veces un pouco complexo porque non son moi
coñecedora deste mundo informático. Porén, estas prácticas facilitáronme a
adquisición de novos coñecementos que aplicarei de seguro nun futuro.
Adicionalmente,
considero que a organización estivo moi estruturada, cuestión que agradezo
porque xa desde un principio tiñamos os pasos e obxectivos a alcanzar, promovendo desta forma unha boa planificación e distribución dentro dos equipos.
Despídome cun enorme
saúdo para todas e todos vós.
Por: Inés Fernández Prieto
No hay comentarios:
Publicar un comentario