Isto implica, a nivel educativo, unha transformación nos espazos da transmisión da información. A aparición de novos sistemas na clase conleva unha adaptación bidireccional (e a formación de docentes neste ámbito). Porén, hoxe en día son métodos necesarios para que os nenos e as nenas aprendan de forma sinxela e activa, de forma adecuada ao contexto no que viven.
Unha destas innovacións é a PDI, considerada polo noso grupo como medio educativo fundamental na actualidade. É, polo tanto, que o noso proxecto se baseará nelas.
A continuación, explicarei brevemente as razóns da súa elección.
As PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) son uns instrumentos tecnolóxicos que progresivamente se están a integrar nas aulas. O seu uso (para fins educativos) ten un amplo valor e concede múltiples vantaxes.
Unha destas innovacións é a PDI, considerada polo noso grupo como medio educativo fundamental na actualidade. É, polo tanto, que o noso proxecto se baseará nelas.
A continuación, explicarei brevemente as razóns da súa elección.
As PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) son uns instrumentos tecnolóxicos que progresivamente se están a integrar nas aulas. O seu uso (para fins educativos) ten un amplo valor e concede múltiples vantaxes.
Entre outros, permite o aumento da eficiencia e eficacia, é aplicable a
todas as etapas educativas, é flexible e fácil, e facilita un acercamento das
TIC ao alumnado con discapacidades.
Está formada por un
ordenador, un videoproxector e un dispositivo (fixo ou móbil) controlador dun
punteiro, que serve como ratón e lápiz sobre ela.
Fonte: http://pizarrasdigitalesgrupo4.blogspot.com/2012/11/ |
Todos os seus usos e funcións están claramente explicados no Programa para el manejo de las pizarras interactivas Hitachi Starboard FX-DUO 77. Guía del Usuario.
As pizarras
Starboard son un claro e perfecto exemplo de PDI. Son de gran utilidade na
aula, xa que permiten a existencia dun ambiente máis colaborativo, produtivo e
dinámico. Permite traballar ata a 3 estudantes e que haxa 6 puntos táctiles á
vez. Pódese configurar o grosor e a cor do material escollido (un bolígrafo, un subliñador, un lapis ou unha goma, entre outros) para debuxar, escribir e borrar ou seleccionar, rotar e cambiar o tamaño de obxectos, etc.
Fonte: https://www.digitalavmagazine.com/2014/05/21/hitachi-starboard-fx-pizarras-digitales-interactivas-para-aulas-y-salas-de-reunion/ |
Nas páxinas
asociadas á consulta de proxectos sobre a PDI, foime de gran interese un programa chamado Extreme
Collaboration.
Neste enlace podedes
atopar unha explicación moi clara e precisa (moi útil para xente que non ten
amplos coñecementos sobre programación ou informática) de Marta Cervera sobre como programar
actividades interactivas na aula a través dos teléfonos dos nenos/as.
As actividades que
se poden realizar con este programa son moi útiles e variadas para o noso proxecto sobre as Intelixencias
Múltiples. Unha idea que se me ocurriu grazas a Extreme Collaboration foi a de programar unha tarefa na que o alumnado, para
desenvolver a súa intelixencia naturalista, debe facer unha saída a un parque
próximo e facer fotos das plantas propostas anteriormente pola plataforma do xogo. Ao rematar, deberán enviar as súas fotos desde o teléfono e, de forma automática, aparecerán na PDI da aula. Así poderase verificar se identificaron correctamente as plantas.
Esta é unha maneira sinxela e eficaz para que os nenos e as nenas aprendan ao aire libre e, á vez, que lles sexa de interese e que lles motive. 🌿🔍
Esta é unha maneira sinxela e eficaz para que os nenos e as nenas aprendan ao aire libre e, á vez, que lles sexa de interese e que lles motive. 🌿🔍
Porén, non son todo vantaxes. A PDI require de formación didáctica tecnolóxica e dunha infraestrutura adecuada. Pero, sobre todo, é un material MOI caro.💸
Outro dos enlaces que me gustou moito foi a PDI de baixo coste.
Neste artículo
vénsenos a decir que, con simplemente 60 euros, podemos facer pola nosa conta
unha PDI utilizando mandos Wii, un adaptador Bluetooth e os materiais necesarios
para crear un punteiro infravermello.
O programa gratuito
que permite a sincronización chámase Wiimote Whiteboard. Así é como se constrúe
unha PDI economicamente con case a mesma eficacia que a comprada.
Na miña opinión, este sistema é unha alta vantaxe no ámbito escolar. Isto débese a que moitos centros educativos non se poden permitir un custo tan grande en materiais ou recursos. Pero grazas a Wiimote Whiteboard, poden crear PDI de forma sinxela e sen invertir tantos cartos.
Así facilitan a transmisión de información ao alumnado, sobre todo visualmente.👀
Así facilitan a transmisión de información ao alumnado, sobre todo visualmente.👀
Fonte: http://seminarprojecttopics.blogspot.com/2012/10/wiimote-whiteboard.html |
Por: Inés Fernández Prieto
Bonita presentación.
ResponderEliminar