Lograr que un grupo de cativos/as en idade escolar fomenten as súas intelixencias, así como que descubran aquela que máis salienta na súa personalidade é unha función impresindible na educación e, polo tanto, un labor primordial para todos os profesores e profesoras.
Este labor que tanto medo nos deu nun primeiro momento axudounos a ver a importancia de traballar as TIC nas clases e así ser nós mesmas quen as adecuemos ás necesidades de cada alumno e alumna. Posto que xerar actividades que se adapten tanto á materia como aos discentes pode ser unha actividade laboriosa, mais non é complexa, e con ela podemos favorecer de forma satisfactoria a aprendizaxe dos contidos que se imparten.
Vai catro meses que se elaboraron os grupos na aula e, tras enfrontarnos a múltiples problemas que apareceron polo camiño, puidemos resolvelos como un equipo e darnos conta que pese a todo o tempo que se adicou, este serviunos para ampliar os nosos coñecementos e abrirnos paso a un novo xeito de ver a educación.
É por isto que vos convido a que coma nós, vos adentredes no mundo dixital e comecedes a dar renda solta á imaxinacion e a dar vida a todas as vosas ideas, as cales farán máis doada a aprendizaxe de cuantiosos alumnos e alumnas.
Espero que disfrutedes da lectura deste blog tanto coma o fixemos facéndoo.
Un saúdo, Work In.
Por: Alba González Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario