Ola
a todas e todos!
Tras
facer todas estas actividades, gustaríame facer unha reflexión persoal do que
supuxo a elaboración deste blog.
Primeiramente, sensibilizoume e axudoume a concienciarme da importancia de
usar imaxes de dominio público. Ademais de que isto non supón realmente ningún
de problema, xa que hai ferramentas e páxinas web onde se poden atopar imaxes
de moi boa calidade e respectando as leis de compartición e as imaxes suxeitas a
licencias.
En
segundo lugar, abriume paso cara a creación de actividades propias e aplicables
á aula. Actividades que probablemente utilizarei durante a miña futura docencia
en Educación Primaria, ou a creación de similares para favorecer a aprendizaxe
curiosidade e interese do alumnado.
Isto
tamén supuxo atopar ferramentas, recursos e aplicacións que ata agora
descoñecía da súa existencia. A súa búsqueda, experimentación e utilización
foron un proceso que implicou que mellorase tanto a nivel de aprendizaxe
informático como educativo.
Ademais
disto, fomentou unha maior e mellor colaboración entre as miñas compañeiras e
mais eu, xa que tiña que existir unha cooperación mutua para que as entradas
individuais e grupais estivesen relacionadas e coherentes. Sabendo que ningunha das catro
integrantes era ampla coñecedora deste mundo tecnolóxico, foi necesario estar
atentas, investigar moito e compartilo co resto para favorecer a marcha deste
proxecto.
En
conclusión, esta asignatura en xeral foime de gran utilidade para mellorar os
meus coñecementos. Tanto as explicacións teóricas como a súa aplicación no blog
me servirán para aplicar o aprendido nos próximos anos.
Foi
un pracer facer este blog coas miñas compañeiras!💛
Por: Inés Fernández Prieto
No hay comentarios:
Publicar un comentario