As curtametraxes de Pixar Animation Studios son un bo exemplo de demostración da intelixencia interpersoal e intrapersoal.
"Cuerdas" é un curto de Pedro Solís García que fomenta a integración e a aceptación do alumnado diverso na clase. A intelixencia interpersoal pódese ver claramente reflexada neste pequeno vídeo educativo. https://youtu.be/4INwx_tmTKw
No caso da intelixencia intrapersoal, curtos como Purl (Pixar) ou In a Heartbeat (Beth David e Esteban Bravo) ensinan valores morais fundamentais, como a aceptación dun mesmo/a e non xulgar aos demais.
Tamén a película para todos os públicos chamada "Del Revés" ("Inside Out" en inglés), producida por Pixar e distribuída por Walt Disney Pictures, é un modelo propio desta intelixencia: tras verse enfrontadas as 5 emocións dunha nena, representadas por persoas que habitan na súa mente e encargadas de dirixir os pensamentos e condutas, deberán buscar un equilibro para que haxa un balance igualitario entre elas, xa que todas as emocións son importantes e necesarias.
Poderíase incluír ademais na intelixencia cinestésico-corporal, xa que as expresións corporais, neste caso faciais, conforman unha parte relevante desta. Na película amósase que cada emoción adopta unha determinada expresión facial, a correspondente ao sentimento que representa.
A continuación, deixámosvos os enlaces dos recursos citados por se tendes curiosidade:
In a Heartbeat - https://youtu.be/2REkk9SCRn0?t=11
Del Revés Tráiler - https://youtu.be/D-YKuKf_zkQ
Peppa Pig é unha serie adicada a nenos e nenas de Educación Primaria especialmente como un recurso de ocio pero, ao mesmo
tempo, trasmite unha serie de coñecementos, valores e saberes de gran relevancia nestas idades.
Neste
enlace pode observarse como aprender os números do 1 ao 10, fomentando así
a intelixencia lóxico-matemática, ademais da naturalista, xa que esta serie está protagonizada por distintas personaxes caracterizadas por ser animais.
Con Dora la
Exploradora, foméntanse unha gran cantidade de intelixencias, como
a matemática ou a naturalista. Porén, nós centrarémonos na intelixencia
lingüística.
Con Dora, os nenos e as nenas aprenden unha gran cantidade
de vocabulario, tanto en castelán como en inglés. Ademais, tamén fomenta unha
serie de condutas adecuadas para convivir en sociedade como “non roubar”.
Outra serie que fomenta a intelixencia naturalista é Os pingüinos de Madagascar, posto que esta intelixencia destaca por impulsar un gran coñecemento da fauna e da flora, o cal se corresponde cun dos argumentos principais.
Por outra banda, Art Attack é un programa de televisión que emitían en Disney Channel, onde ensinaban os pasos para facer todo tipo de manualidades, como debuxos con acuarelas, papiroflexia, grandes retratos con xiz, lienzos, inventos con materiais reciclados e moitas cousas máis. Con este programa, nenos e nenas fomentan a súa intelixencia viso-espacial, ademais de favorecer a creatividade.
No seguinte vídeo vaise ver como un home crea unha representación artística con materiais que vai empregando á medida que os encontra: https://youtu.be/GZ9v6bSp7Nk
Unha serie moi popular vista por todas nós foi Little Einstein. Esta implica unha gran cantidade de intelixencias, como a musical, lingüística, interpersoal, intrapersoal, viso espacial, etc.
Nesta serie infantil de Disney junior, recomendada para nenos e nenas de Educación Primaria, a música está presente dende o comezo ata o remate de cada episodio e busca a participación de todos os rapaces e rapazas que ven a serie.Adicionalmente, conta con subtítulos para que poidan seguir o ritmo dende a casa. No seguinte enlace pódese observar o comezo da serie.
E por último, os debuxos tipo manga de Oliver y Benji foron moi famosos en España durante uns longos anos, nenas e nenos desfrutaban moitísimo véndoos. Estes resultan entretidos, pero tamén axudan a fomentar a intelixencia cinestésico corporal, xa que ademais de utilizar o corpo para moverse e dominar as habilidades físicas, emprégano para expresar ideas, sentimentos e sobre todo para aprender. No seguinte vídeo veredes a canción da cabeceira destes debuxos que todos os rapaces e rapazas cantaban en calquera momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario