Rematou o curso e as clases, polo tanto quere dicir que esta vai ser unha das últimas entradas deste blog. Chegamos ao final. 😃😐
Dende a miña opinión, levo un moi bo sabor de boca desta materia, a pesar de que ao principio non estaba moi segura de se me ía gustar isto das tecnoloxías porque non se me dan moi ben. Pero pasou todo o contrario, aprendín moito desta asignatura, xa que a maioría das cousas non sabía facelas pero coa axuda das miñas compañeiras e mais a profesora puiden desafiar e superar as miñas dificultades.
Unha dos aspectos máis importantes que aprendín é que hai que ter moito coidado co Copyright e empregar imaxes que só sexan de dominio público. Hoxe en día, isto é bastante doado de identificar e distinguir, xa que hai diversos blogs e sitios web que permiten empregar as imaxes e vídeos que necesitamos.
É imprescindible mencionar que tamén aprendín a empregar recursos e aplicacións que non usara en ningún momento, para a posterior creación pola miña conta dunha serie de actividades interactivas que xamais pensei que sería capaz de crear. Este foi o meu maior logro!
Esta asignatura axudoume a conectar con compañeiras coas que antes non falara nunca, o que me abriu paso a coñecelas e a traballar con elas, o que foi un verdadeiro pracer para min, xa que somos un grupo que colaboramos entre nós e axudámonos no que faga falta, tanto nas entradas individuais pero sobre todo, nas colectivas.
En conclusión, esta materia foime de gran axuda á hora de desenvolver a miña capacidade no mundo da informática e as novas tecnoloxías. Tanto as clases grandes como as medianas serviron para ter conciencia no uso destas tecnoloxías e sobre todo, a aplicar o aprendido como futuras docentes.
por: Aldara Fernández Domínguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario