miércoles, 10 de abril de 2019

IDEAS PARA O PROFESORADO: MATERIAIS BÁSICOS PARA FOMENTAR O INTERESE DO ALUMNADO

Nesta entrada vou seguir comentando máis recursos cos que poder crear actividades interactivas aplicables na PDI (Pizarra Dixital Interactiva) e que fomenten, ao mesmo tempo, a aprendizaxe interactiva (aprender xogando) e as tecnoloxías.

Estes recursos están na seguinte ligazón: 
http://www.humanodigital.com.ar/150-herramientas-gratuitas-para-crear-materiales-educativos-con-tics/#.TqkdT5ul45Eque xa foi mencionada na entrada anterior.



EDUCAPLAY: é unha plataforma onde se crean actividades educativas multimedia. Permítenos deseñar as nosas propias actividades (crucigramas, adiviñas, ruletas de palabras, sopas de letras e moitas máis). Este soporte vainos permitir acceder á  creación deste tipo de actividades, pero ademais poderase participar por grupos para compartir traballos e as propias actividades. Deste modo, fomentarase maioritariamente a intelixencia lingüística, aínda que tamén outras como a musical, a matemática, etc.






KUBBU: é un xerador gratuíto de crucigramas, cuestionarios, exercicios de emparellar e clasificar, onde se fomentará a capacidade de memoria e atención do alumnado. Os exercicios creados nesta aplicación poden pasarse a papel, pero sobre todo, poden tratarse de maneira online en PDI, ordenadores, tablets e moitos outros aparatos electrónicos. 
A característica relevante desta aplicación é que, a medida que cada alumno/a realice unha actividade, poderanse seguir os seus resultados e comprobar como responden a este tipo de aprendizaxe.      
         







THATQUIZ: é unha aplicación que xera actividades matemáticas. Pode tratar dunha maneira didáctica e atractiva para o alumnado: exercicios con números enteiros, decimais, fraccións, xeometría, unidades,medidas, etc. Ademais de tratar a intelixencia matemática, trata tamén a lingüística porque se poden crear exercicios de vocabulario en calquer idioma (francés, inglés, galego, castelán).               


https://www.thatquiz.org/es/



                                                              Por: Aldara Fernández Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...