miércoles, 6 de marzo de 2019

GUÍA PARA A CREACIÓN DOS MEDIOS AUDIOVISUAIS

Para que poidades ter unha idea de como foi o noso proceso de escolla e creación dos tres recursos audiovisuais, mostrarémosvos a continuación unha breve explicación de cada un deles.


BOOKTRAILER

Para crear o BookTrailer, feito por Inés e Aldara, primeiro documentáronse sobre as aplicacións máis apropiadas. Tras facer unha lista de vantaxes e inconvintes, decantáronse por Film Maker Pro debido á boa puntuación coa que se valoraba.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.cerdillac.filmmaker

Escanearon as imaxes do libro sobre o que ían a traballar, Futbolísimos. El misterio del jugador número 13, e engadíronlle a banda sonora de deportes "Violins", que foi aportada pola propia app. Ademais, tamén foron capaces de insertar todos os audios que desexaron e editalos posteriormente. 

Na nosa opinión, esta aplicación é altamente recomendable porque ten múltiples opcións, como modificar textos, engadir efectos especiais e animacións ou editar as fotos e o vídeo unha vez montado, entre outras. 🎥


STOP MOTION


A montaxe do Stop Motion foi realizada por Alba Rodríguez e Alba Bretaña.
Neste caso, explicarase a táboa do dous na clase do profesor Don Ramón. Para realizar este proxecto, creouse unha clase de seis alumnos e alumnas, composta por todos os elementos necesarios: pizarra, mesas e cadeiras (para o alumnado e o profesor), un reloxo de clase e ata unha planta. Todo isto feito con plastilina de diferentes cores.
Posteriormente realizouse unha táboa redonda con cartón, chatolas e os números correspondentes do cero ao nove. Todos eles elaborados con plastilina e pegados á base con pegamento.


Unha vez xa montado o escenario, procederon a realizar as diversas fotografías. Resultaron ser máis de seiscentas😮😱. Para a súa edición, utilizaron a aplicación PicPac Stop Motion y Timelapse que permitiu facer unha montaxe de todas as fotografías utilizadas, posto que outras probadas con anterioridade non permitían insertar tantas fotos. 📷
https://play.google.com/store/apps/details?id=tv.picpac&hl=es

Esta aplicación deulles a posibilidade de engadir o audio coa correspondente explicación do método, editar as fotos e intercambialas e cambiar a duración, entre outras funcións.


CÓMIC

Para crear o cómic, feito por todas nós, tivemos algunha que outra dificultade. Tras documentarnos sobre as páxinas máis adecuadas, rexistrámonos en Powtoon e Pixton. 
Por unha banda, Powtoon permitíanos importar imaxes. Pero encontrámoslle algúns inconvintes, xa que nos pareceu moi complexo o seu deseño e, ademais, o cómic non se pode descargar.
Por outro lado, Pixton é moi sinxelo de manexar e permite poñer personaxes e fondos preestablecidos que son de dominio público. Porén, non se poden importar imaxes de fóra, a non ser que te rexistres como usuaria de pago. 

Tras argumentar os pros e contras destas dúas aplicacións, decidimos finalmente utilizar Pixton para proceder a facer o cómic.
https://www.pixton.com/es/


✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎✎


Unha vez rematada esta explicación, podedes ver o aspecto final destes tres recursos. Deixámosvos o enlace aquí da nosa entrada adicada unicamente a iso 👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/03/luces-camara-e-accion.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...