viernes, 10 de mayo de 2019

AVALIACIÓN XERAL DA MATERIA


Nesta entrada vou valorar de maneira crítica a miña opinión persoal con respecto ao noso proxecto e ao dos demais compañeiros e compañeiras.

Con respecto á elaboración e produto final, quedei moi satisfeita xa que todas as integrantes do grupo fixemos un moi bo traballo e esforzámonos por superar as dificultades e lograr o obxectivo de acabalo e aprender del, posto que era a primeira vez que realizabamos unha tarefa deste tipo. A pesar de non saber nin como comezar, todas propuxemos moitas ideas e mostramos un gran interese. Outro factor que axudou a que isto acabara dun xeito adecuado foi a boa relación entre o grupo.

En canto á presentación do noso proxecto, Intelixencias Múltiples, considero que estivo moi ben a pesar dos nervios que mostrabamos cada unha de nós. Todas falamos de maneira clara e equitativa e non houbo diferenzas bruscas en canto á súa explicación.

Resultado de imagen de comunicación

En relación aos demais traballos dos nosos/as compañeiros e compañeiras, tamén estiveron moi ben. Cada integrante de cada grupo falou e explicou a súa parte dunha maneira axeitada. Aínda que houbo equipos que duraron máis ca outros, todos estiveron bastante interesantes. Pero si que houbo traballos que captaron máis atención que outros, xa sexa pola duración, pola forma de explicar e a coherencia que demostraban.

Como conclusión final, quero engadir que as clases, pero sobre todo as prácticas, fóronme de gran utilidade xa que grazas a estas fun coñecendo actividades e recursos que antes endexamais vira. Todas estas ferramentas empregareinas nun futuro como próxima docente e darei grazas por ter esta asignatura que me axudou a coñecelas e a traballar con elas, para despois ensinarllas ao meu alumnado.😃



Despídome dicindo que foi un pracer compartir todo no blog !!!!

                                                     

                                                             por: Aldara Fernández Domínguez




No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...