A
presentación dividiuse en seis partes: xustificación, contexto, contexto
curricular, actividades a realizar, conclusión e referencias
bibliográficas.
Na
xustificación, a cal consiste na descrición do proxecto e do tema escollido,
fixemos unha breve introdución das intelixencias
múltiples, aplicadas á PDI. Nesta
mesma diapositiva fíxose alusión á importancia das TIC no ámbito
educativo.
Segundo o contexto, podemos decir que este proxecto está pensando para empregarse en todos os cursos de Educación Primaria, sempre e cando as aulas teñan unha Pizarra Dixital Interactiva, e tendo en conta as caracterísitcas psicoevolutidos dos nenos e nenas ás que vai destinado.
En canto ao contexto curricular, seguíronse unha serie de obxectivos como: a iniciación da aprendizaxe das TIC e desenvolver as capacidades afectivas propias e co resto das persoas. As competencias clave deste currículo son: a competencia dixital, aprender a aprender e o espírito emprendedor.
As distintas áreas polas que está formado organízanse segundo as disciplinas troncais, que se corresponden con ciencias naturais e socias, lingua castelá e literatura a primeira lingua estranxeira e as matemáticas. Por outra parte, como materias opcionais atopamos a educación física e artística.
As 21 actividades que se realizaron coas diversas aplicacións organizáronse posteriormente na presentación como a secuencia mencionada segundo a temática, o nivel e a dificultade.
Por último, cerramos este proxecto coas nosas propias conclusións, nas que todas as integrantes deste grupo coincidimos.
A creación de este blog supuxo un gran reto que a medida que o curso avanzaba
fomos superando, logrando así solventar todos e cada un dos problemas e
dificultades que atopamos durante o camiño, pero tamén nos ensinou a
manexar dintintas aplicacions e as vantaxes e desvantaxes das TIC.
Se queredes coñecer máis profundamente esta presentación, convidámosvos a que lle votedes unha ollada a este enlace con acceso directo 👀👉https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQU_Bip0PUrORnpx575qOFVbi5YvQ4bp1jbodOwHHvTysgoyM4ZlBVpzAiCZ27IJ7nomKM7gDiUiOqM/pub?start=false&loop=false&delayms=3000
Se queredes coñecer máis profundamente esta presentación, convidámosvos a que lle votedes unha ollada a este enlace con acceso directo 👀👉https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQU_Bip0PUrORnpx575qOFVbi5YvQ4bp1jbodOwHHvTysgoyM4ZlBVpzAiCZ27IJ7nomKM7gDiUiOqM/pub?start=false&loop=false&delayms=3000
Esperamos que vos gustase! 😃😃
No hay comentarios:
Publicar un comentario