miércoles, 27 de marzo de 2019

COMO FACER UNHA WEBQUEST

En primeiro lugar, é importante saber que é unha webquest. É un modelo didáctico que consiste nunha investigación guiada onde a maior parte da información procede de internet. 

Esta actividade, ademais de promover o traballo en equipo, a autonomía dos/as estudantes e a utilización de habilidades cognitivas superiores, tamén contribúe a que o alumnado adquira competencias da sociedade da información (é dicir, a era actual). Tamén promove o pensamento creativo para a posterior resolución de problemas e análise de enunciados, xa que a actividade require un pequeno esforzo a maiores ademais do xa realizado.

Sabendo en que consiste e as vantaxes que ten, agora ímosvos proporcionar unha serie de ligazóns de como crear unha webquest. A nós facilitáronnos un cartafol onde se atopan todas as ligazóns que nos axudaron con esta tarefa. A páxina que nós empregamos para crear esta actividade foi: 



Imagen relacionada

https://sites.google.com/new?pli=1, que é un recurso gratuíto que ofrece Google. 



Tamén hai moitas máis páxinas nas que se poden crear, como poden ser http://www.aula21.net/Wqfacil/webquest.htm
ou https://support.wix.com/es/cómo-empezar/comenzando-5164576 .




A Webquest pódese organizar de diferentes maneiras segundo que páxina empreguedes para a súa creación. En Google Site, podédela dividir en pestanas, e que contará cunha introdución, a explicación da tarefa seguida dunha pestaña que explique o proceso, outras dos recursos que se poden empregar para crear unha Webquest, unhas conclusións, avaliacións e por último os créditos.





💣💥👉Lembrádevos do máis importante e non o esquezades nunca: na WebQuest, o alumnado NON busca a información porque xa vén dada polo profesor/a, senón que implica o almacenamento e a avaliación da información.

Se tedes curiosidade por coñecer o aspecto final da nosa webquest "O BOSQUE (EN)CANTADO", podedes vistar a entrada correspondente. Aquí deixamos o enlace co acceso directo 👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/03/o-bosque-encantado.html


Esperamos que vos fose de axuda esta breve aclaración e... Boa sorte!🍀💕 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...