A meirande parte destas aplicacións son sinxelas, algunha como Hotpotatoes, unha das aplicacións máis famosas do panorama dixital en canto á creacion de actividades se refire. Con esta aplicación pódense crear múltiples xogos e exercicios. Permite un número limitado de xogos a realizar sen necesidade de rexistro, mais unha vez que estes rematen debedes rexistrarvos para continuar a utilizala.
https://hot-potatoes.uptodown.com/windows
Por outra parte, Kahoot é unha aplicación que permite crear cuestionarios de avaliación a través da creación dun usuario, e que múltiples xogadores/as participen ó mesmo tempo. Para facelo, só tedes que introducir un código.
Unha vez rematado o xogo, ordenaranse de maior a menor puntuación os/as participantes.
https://kahoot.com/
Coa aplicación Cerebriti, unha vez rexistrado/a, pódense realizar múltiples actividades dunha forma moi sinxela. Ofrece unha gran cantidade de posibilidades, unicamente debedes seguir os pasos que se indican na parte superior da páxina para finalizar con éxito a actividade.
https://www.cerebriti.com/editar-juego/nuevo/juegos-carrusel/
Constructor é unha actividade creada pola Xunta de Estremadura que permite crear actividades dunha forma moi cómoda. Non só está deseñada para que xente de distintas idades poida beneficiarse con ela. Contén máis de 50 actividades configurables.
https://constructor.educarex.es/inicio.html
por: Alba González Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario