miércoles, 6 de febrero de 2019

INNOVACIÓNS EDUCATIVAS

Unha Pizarra Dixital Interactiva, tamén coñecida polas siglas PDI, é un sistema tecnolóxico composto por un ordenador, un videoproxector e un dispositivo controlador dun punteiro que permite interactuar directamente sobre a superficie de proxección (normalmente unha pizarra de cor branca).


Fonte: http://lapizarrainteractivaenelaula.blogspot.com/2011/01/que-ventajas-tienen-las-pdi-pizarras.html




As PDI fóronse introducindo paulatinamente nas aulas, permitindo así numerosos modos de interacción, o que fomenta a creación de aulas máis activas. Permite escribir, debuxar, borrar, gardar páxinas como un arquivo de rotafolios e reutilizalos noutra clase, agregar imaxes, vídeos... Esta pode ser unha forma sinxela de levar a cabo unha clase dinámica e interactiva, onde todos os nenos e nenas aprendan de forma creativa.

Promethean é o líder global en solucións educativas dentro da aprendizaxe interactiva.
Os e as estudantes poden navegar libremente pola rede ou ofrecer presentacións das materias. Este tipo de pizarra interactiva axuda coas necesidades especiais do alumnado así como o aumento da súa motivación.



Fonte:https://sites.google.com/site/cursosguadalinex/home/pizarra-digital---promethean---activinspire


Cabe mencionar outro dos enlaces, entre todos os que consultei, o citado posteriormente. Este explica de forma creativa como ensinar cálculo aos nenos/as, sendo este método moito máis rápido e eficaz que a súa aprendizaxe de forma tradicional. Podemos aplicar esta actividade ao noso proxecto, fomentando así intelixencia matemática no alumnado.
https://www.youtube.com/watch?v=upzvC97ttNw

Por exemplo, eu pensei en como aprender a facer raices cadradas exactas a través do túnel da máxia. Este consiste en que o alumnado, ben en grupos ou de forma individual, utilice as PDI, de forma que a través da aplicación dunha serie de operacións sinxelas, o propio programa da resultado exacto da operación realizada, sendo esta unha forma creativa e rápida de aprender as raíces cadradas.

A pesar disto, tamén presenta unha seire de inconvintes, xa que son unha ferramenta moi cara ao que non todo o mundo pode acceder. Precísase dunha aula acondicionada para a súa instalación, así como de coñecementos informáticos por parte dos usuarios/as que a empreguen.

Pero actualmente, grazas a evolución das TIC, existen outros métodos para conseguir unha PDI nunha aula por soamente 60 euros. Para iso é necesario un punteiro de infravermellos e un Wiimando. Tal e como se explica no seguinte enlace:



Na miña opinión, penso que as PDI son un material moi bo ao que recurrir nunha clase, así como un recurso motivador para que o alumnado adquira os coñecementos de forma creativa.


Por: Alba González Bretaña

martes, 5 de febrero de 2019

COÑECENDO AS PDI

Unha pizarra dixital (PD) é un sistema tecnolóxico que permite proxectar contidos dixitais nun formato idóneo para a súa visualización en grupo. Este sitema permite interactuar directamente sobre a superficie de proxección. Cada vez son máis os centros que contan con esta tecnoloxía. O seu valor educativo dependerá, principalmente, de como e cando as utilicemos, con que materiais e en que contextos de aprendizaxe.

Por outro lado, a Pizarra Dixital Interactiva (PDI) está formada por un ordenador, un videoproxector e un punteiro. Así como se amosa nesta imaxe.



Para traballar as intelixencias múltiples na aula, o uso de PDI pode facilitar esta tarefa. Entre algúns dos exemplos que fomos analizando, resalto o uso da "XC. Extreme collaboration."

Esta aplicacion permite que o dispositivo co que cada un dos alumnos e alumnas conta esté conectado coa PDI da aula. De tal xeito que cada tarefa que se deba facer poida estar tutelada polo mestre ou mestra, quen pode elixir como se realizará e as características que deberá ter a actividade antes de que o alumnado empece a realizala.

Usando este recurso na aula podemos propor un gran número de activides. Como por exemplo, para fomentar a intelixencia musical, realizar un exercicio onde se mostre o nome de varios instrumentos musicais e o alumnado deberá buscalos na aula de música do colexio.

Alba González Rodríguez.


Tamén podemos destacar as pizarras dixitais de baixo custo, coas que se poden obter bos resultados, aínda cando o centro onde se realicen estas actividades que requiren de un PDI non conten con moitos recursos. De tal xeito que todos os alumnos/as, poidan ter acceso a esta tecnoloxía.

Para realizar esta pizarra dixital interactiva de baixo custo é necesario contar cun "wiimando", que se pode comprar por 40€, e cun ordenador. Isto, xunto coa aplicación gratuíta de Wiimote Whiteboard, permítenos elaborar unha PDI moito máis barata.

Este recurso facilita a aprendizaxe dos alumnos e alumnas, xa que obteñen a información dun xeito máis sinxelo e nun formato no que as novas xeracións se sintan cómodas.
                                                                
                                                                                Por: Alba González Rodríguez.

sábado, 2 de febrero de 2019

COÑÉCENOS

Ola a todas e a todos!

Somos un grupo de estudantes de primeiro do Grao de Educación Primaria da Universidade de Vigo. Chamámonos Aldara Fernández Domínguez, Inés Fernández Prieto, Alba González Bretaña e Alba González Rodríguez.

Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria é a materia asignada para facer este blog, sendo as Intelixencias Múltiples o tema a tratar. As catro integrantes do grupo consideramos de vital importancia concienciar, tanto á escola como aos diferentes axentes educativos, da existencia da variedade de intelixencias que permiten aos nenos e ás nenas unha mellor e maior aprendizaxe, dentro ou fóra da aula.


David Fernández Prieto

Nas próximas entradas ao noso blog iremos informándovos das novidades no noso proxecto sobre as intelixencias múltiples, aplicado ás Pizarras Dixitais Interactivas (PDI). Esperamos que vos sexa de agrado e de interese!😊

miércoles, 30 de enero de 2019

INVESTIGANDO NA REDE


Para poder realizar os nosos propios recursos e aplicalos ao noso proxecto, primeiramente cada unha de nós debe analizar os xa feitos e, obviamente, que estén relacionados co noso tema, as Intelixencias Múltiples.

Na miña búsqueda persoal🔍, encontrei diversos recursos que nos poden ser moi útiles para telos en conta na creación dos nosos. Tendo como obxetivo a variedade e non a monotonía, propuxémonos a escolla de varios recursos distintos, como xogos, contidos multimedia ou audiovisuais, series ou recursos dixitais.
Para isto, tiven en conta as seguintes páxinas:




Neste enlace atópanse xogos educativos online para primeiro e segundo de Educación Primaria. Contén as materias e contidos destes dous cursos, desenvolvendo así as múltiples intelixencias: castelán e inglés (intelixencia lingüística), música (intelixencia musical), naturais (intelixencia naturalista), xogos, informática… Con actividades interesantes e divertidas, como identificar as notas musicais nun pentagrama, descubrir o corpo humano ou escoller algún animal de todos os que se atopan na PDI, adquirindo así información deles a través de preguntas.




Este blog recomenda outros blogs con intención educativa, tanto para o profesorado como para o alumnado. Entre eles, gustaríame destacar:

"Crea y aprende con Laura" (https://creaconlaura.blogspot.com/). Blog onde o profesorado pode buscar centos de ferramentas e actividades para favorecer o interese dos nenos/as na aula e facilitar a transmisión da información.

"El Mundillo de las TIC" (http://capileiratic.blogspot.com/). Blog para coñecer máis posibilidades de Google en Educación, con tutoriais para unha comprensión doada. Facilita recursos que permiten a interacción profesorado-alumnado, como unha explicación dos distintos usos de Google Drive.




Esta páxina web é moi útil. Ten varias seccións, en cada unha delas explica, con tutoriais incluso, como os nenos/as poden facer de forma creativa e sinxela carteis (con Glogster), comics (con Pixton), traballos coa lingua oral (grabación de audios para crear unha radio escolar, con Audacity) ou presentacións con fotos (con Photopeach). 




A partir de todas estas ideas, considero moi relevante ter en conta os seguintes recursos que fun atopando no noso proxecto:

Dora la Exploradora

"Dora la Exploradora" é un medio audiovisual educativo para os nenos/as dos primeiros cursos de Educación Primaria. Ademais de tratar de fomentar o inglés, esixe unha participación activa durante cada capítulo, tanto verbal como física. 
Hai cancións e xera actitudes positivas no alumnado, como non roubar (“Swiper no robes”).
Esta serie permítelles desenvolver a súa intelixencia lingüística, cinestésico-corporal, musical, lóxico-matemática e interpersoal.


Ortografía Española 

"Ortografía Española" é un xogo educativo moi práctico para o alumnado de Educación Primaria. Esta app ten múltiples opcións, todas elas para fomentar a boa ortografía. Contén 6 seccións: Probas (por temas ou por graos, a escoller), Plan de Estudo, Resultados, Estadísticas, Campeonato e Máis asignaturas (acceso a apps similares).
Esta aplicación de Play Store é un bo recurso para que desenvolvan a súa intelixencia lingüística, tendo cada vez menos erros ortográficos.✅🅐🅑🅒




Recursos educativos 

"Recursos educativos" é un medio dixital moi útil e práctico para o alumnado de todas as etapas de Educación Primaria. Inclúe videocontos e videocancións, e xogos e actividades das asignaturas propias de cada curso (matemáticas, lingua, coñecemento do medio e inglés). Permitindo así desenvolver a súa intelixencia lóxico-matemática, lingüística, naturalista e musical.


Por: Inés Fernández Prieto


TECNOLOXÍA NA AULA

Actualmente vivimos na sociedade da información, onde o coñecemento é poder. A aparición das novas tecnoloxías supón cambios, en gran parte, tecnolóxicos. 
Isto implica, a nivel educativo, unha transformación nos espazos da transmisión da información. A aparición de novos sistemas na clase conleva unha adaptación bidireccional (e a formación de docentes neste ámbito). Porén, hoxe en día son métodos necesarios para que os nenos e as nenas aprendan de forma sinxela e activa, de forma adecuada ao contexto no que viven.

Unha destas innovacións é a PDI, considerada polo noso grupo como medio educativo fundamental na actualidade. É, polo tanto, que o noso proxecto se baseará nelas.
A continuación, explicarei brevemente as razóns da súa elección.



As PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) son uns instrumentos tecnolóxicos que progresivamente se están a integrar nas aulas. O seu uso (para fins educativos) ten un amplo valor e concede múltiples vantaxes.
Entre outros, permite o aumento da eficiencia e eficacia, é aplicable a todas as etapas educativas, é flexible e fácil, e facilita un acercamento das TIC ao alumnado con discapacidades.

Está formada por un ordenador, un videoproxector e un dispositivo (fixo ou móbil) controlador dun punteiro, que serve como ratón e lápiz sobre ela. 



Imagen relacionada
Fonte: http://pizarrasdigitalesgrupo4.blogspot.com/2012/11/


Todos os seus usos e funcións están claramente explicados no Programa para el manejo de las pizarras interactivas Hitachi Starboard FX-DUO 77. Guía del Usuario.

As pizarras Starboard son un claro e perfecto exemplo de PDI. Son de gran utilidade na aula, xa que permiten a existencia dun ambiente máis colaborativo, produtivo e dinámico. Permite traballar ata a 3 estudantes e que haxa 6 puntos táctiles á vez. Pódese configurar o grosor e a cor do material escollido (un bolígrafo, un subliñador, un lapis ou unha goma, entre outros) para debuxar, escribir e borrar ou seleccionar, rotar e cambiar o tamaño de obxectos, etc. 

Imagen relacionada
Fonte: https://www.digitalavmagazine.com/2014/05/21/hitachi-starboard-fx-pizarras-digitales-interactivas-para-aulas-y-salas-de-reunion/


Nas páxinas asociadas á consulta de proxectos sobre a PDI, foime de gran interese un programa chamado Extreme Collaboration

Neste enlace podedes atopar unha explicación moi clara e precisa (moi útil para xente que non ten amplos coñecementos sobre programación ou informática) de Marta Cervera sobre como programar actividades interactivas na aula a través dos teléfonos dos nenos/as.

As actividades que se poden realizar con este programa son moi útiles e variadas para o noso proxecto sobre as Intelixencias Múltiples. Unha idea que se me ocurriu grazas a Extreme Collaboration foi a de programar unha tarefa na que o alumnado, para desenvolver a súa intelixencia naturalista, debe facer unha saída a un parque próximo e facer fotos das plantas propostas anteriormente pola plataforma do xogo. Ao rematar, deberán enviar as súas fotos desde o teléfono e, de forma automática, aparecerán na PDI da aula. Así poderase verificar se identificaron correctamente as plantas.

Esta é unha maneira sinxela e eficaz para que os nenos e as nenas aprendan ao aire libre e, á vez, que lles sexa de interese e que lles motive. 🌿🔍
Alba González Rodríguez


Porén, non son todo vantaxes. A PDI require de formación didáctica tecnolóxica e dunha infraestrutura adecuada. Pero, sobre todo, é un material MOI caro.💸

Outro dos enlaces que me gustou moito foi a PDI de baixo coste.

Neste artículo vénsenos a decir que, con simplemente 60 euros, podemos facer pola nosa conta unha PDI utilizando mandos Wii, un adaptador Bluetooth e os materiais necesarios para crear un punteiro infravermello.
O programa gratuito que permite a sincronización chámase Wiimote Whiteboard. Así é como se constrúe unha PDI economicamente con case a mesma eficacia que a comprada. 

Na miña opinión, este sistema é unha alta vantaxe no ámbito escolar. Isto débese a que moitos centros educativos non se poden permitir un custo tan grande en materiais ou recursos. Pero grazas a Wiimote Whiteboard, poden crear PDI de forma sinxela e sen invertir tantos cartos. 
Así facilitan a transmisión de información ao alumnado, sobre todo visualmente.👀

Resultado de imagen de wiimote whiteboard
Fonte: http://seminarprojecttopics.blogspot.com/2012/10/wiimote-whiteboard.html




Por: Inés Fernández Prieto

INFORME FINAL📌

Esta entrada adicarémola a facer un pequeno resumo sobre o noso Informe Final, explicándovos breve pero detalladamente todos os pasos realizados ao longo do proxecto.

En primeiro lugar, redactamos a xustificación. Neste apartado describimos en, aproximadamente 1 carilla, os motivos polos que eleximos este traballo, as razóns polo que o consideramos importante e que aportación ten para a educación.

A continuación, en media carilla, describimos o contexto do centro no cal se levaría a cabo a proposta, os cursos ao que vai dirixido (toda Educación Primaria), así como as características psicoevolutivas do alumnado.

En canto ao contexto curricular,  tras revisar o Decreto 105/2014, seleccionamos unha serie de obxectivos xerais e de competencias aplicables ao noso proxecto. Posteriormente, eliximos tamén a área adecuada ao noso proxecto, seleccionando as disciplinas específicas que todo o alumnado debe cursar en cada un dos bloques.
De seguido, explicitamos mediante o deseño de táboas, 21 actividades, todas elas feitas por cada una de nós ao longo do traballo. Explícase brevemente a descripción das actividades, os recursos utilizados para a elaboración da mesma, o lugar de realización, a persoa que debe impartir estas actividades, o agrupamento do alumnado para levalas a cabo e a duración da actividade.

Finalmente, realizamos unha pequena conclusión explicitando as fortalezas e as dificultades atopadas ao longo do proxecto, así como unha pequena valoración do resultado obtido.

Por último, referenciamos todos os recursos que usamos de axuda mediante as normas APA.



INFORME FINAL WORK INhttps://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vTWPGI5fHyYLMlPq_3vrOaK3-77vYuSHa-6F0lhgwiY1Crj-G4cyDW9gqaFbTI3kEwY06Pb4j45UpJ9/pub


Achegámonos ao final do proxecto! Esperamos que vos estivese gustando ata agora todo o aportado no blog en relación á aplicación das intelixencias múltiples nunha aula utilizando como recurso a Pizarra Dixital Interactiva (PDI). 😊




PRIMEIRO CONTACTO

Por definición a "intelixencia": "é unha facultade da mente que permite aprender, entender, razoar, tomar decisions e formar unha idea determinada da realidade". Pese a isto, a definición de intelixencia é moito maís complexa.

Cando se comeza a traballar con persoas, resulta fundamental coñecer as súas limitacións e as súas capacidades. De tal xeito que, unha vez que se detecten, poidamos potencialas correctamente através de xogos, e así manter o interese dos cativos/as que, mentres se divirten, están aprendendo.

H. Gagner estudou o desenvolvemento de habilidades en nenos e nenas, o que lle levou a ver como cada neno expresaba as diversas intelixencias que existen. Dende o punto de vista de Gagner "A intelixencia non é vista como algo unitario, que agrupa diferentes capacidades especificas con distinto nivel de xenerallidade, porén como un conxunto de intelixencias multiples, distintas e independientes".
Tratando este tema, profundizaremos nas oito capacidades cognitivas do ser humano, que se corresponden á : intelixencia lingüistica, interpersonal, intrapersonal, espacial, lóxico matemática, musical, naturalista e cinestésico-corporal".



Con esta teoría preténdense estimular as capacidades de cada individuo apartir das súas habilidades e os seus gustos. Favorecendo o seu desenvolvemento no futuro.

A intelixencia resulta difícil de medir porque que depende de cada suxeito, polo que se debe de realizar unha observacion detallada de cada unha das pesoas. Este é un dos principales motivos polo que realizar esta tarefa nunha aula na actualidade é unha actividade complexa.
Debido a sua importancia e a sua complexidade, que aínda hoxe en día supón o término "intelixencia" decidimos que sería unha moi boa oportunidade para tratalo e así poder profundizar no ámbito das intelixencias múltiples que propuña Gagner en 1983. posto que existen moitos tipos de intelixencias e sería un erro ignora algúns deles.

Con respecto a esta asignatura, as miñas expectativas son moitas, pois dela espero aprender sobre este gran mundo que é a tecnoloxía. Debido a que nunca foi un forte para min, suporá un gran reto afrontala.
É por iso que considero que esta é unha gran oportunidade para adentrarme neste amplio mundo.

                                                                   Por: Alba González Rodríguez


TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...