Esta entrada adicarémola a facer un pequeno resumo sobre o noso Informe Final, explicándovos breve pero detalladamente todos os pasos realizados ao longo do proxecto.
En primeiro lugar, redactamos a xustificación. Neste apartado describimos en, aproximadamente 1 carilla, os motivos polos que eleximos este traballo, as razóns polo que o consideramos importante e que aportación ten para a educación.
A continuación, en media carilla, describimos o contexto do centro no cal se levaría a cabo a proposta, os cursos ao que vai dirixido (toda Educación Primaria), así como as características psicoevolutivas do alumnado.
En canto ao contexto curricular, tras revisar o Decreto 105/2014, seleccionamos unha serie de obxectivos xerais e de competencias aplicables ao noso proxecto. Posteriormente, eliximos tamén a área adecuada ao noso proxecto, seleccionando as disciplinas específicas que todo o alumnado debe cursar en cada un dos bloques.
De seguido, explicitamos mediante o deseño de táboas, 21 actividades, todas elas feitas por cada una de nós ao longo do traballo. Explícase brevemente a descripción das actividades, os recursos utilizados para a elaboración da mesma, o lugar de realización, a persoa que debe impartir estas actividades, o agrupamento do alumnado para levalas a cabo e a duración da actividade.
Finalmente, realizamos unha pequena conclusión explicitando as fortalezas e as dificultades atopadas ao longo do proxecto, así como unha pequena valoración do resultado obtido.
Por último, referenciamos todos os recursos que usamos de axuda mediante as normas APA.
| INFORME FINAL WORK IN: https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vTWPGI5fHyYLMlPq_3vrOaK3-77vYuSHa-6F0lhgwiY1Crj-G4cyDW9gqaFbTI3kEwY06Pb4j45UpJ9/pub |
Achegámonos ao final do proxecto! Esperamos que vos estivese gustando ata agora todo o aportado no blog en relación á aplicación das intelixencias múltiples nunha aula utilizando como recurso a Pizarra Dixital Interactiva (PDI). 😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario