Despois de mergullar entre as ligazóns sobre os recursos dispoñibles, elexín varios deles para crear catro actividades interactivas que se poden empregar na PDI.
Como primeiro paso, e despois de pornos de acordo as miñas compañeiras e mais eu, fixamos uns obxectivos básicos que tiñan que cumprir estas actividades segundo as múltiples intelixencias que queriamos abarcar para tratalas de maneira igualitaria.

Pola miña parte, eu creei as seguintes: unha clasificación de sentimentos, unha ruleta de palabras, un xogo de memoria de cartas e unha actividade de simplificación de fraccións.
A clasificación de sentimentos foi creada coa aplicación learningapps, a que resultou moi doada de empregar, xa que ofrece todo tipo de actividades que necesitades (clasificar, agrupar, numerar,etc). A tarefa que eu creei consiste en que hai dúas columnas nomeadas por "positivo" e "negativo", e no medio van aparecendo unha serie de sentimentos. A medida que estes aparecen, hai que colocalos na columna que lles corresponda.
Desta forma, aplícase a intelixencia interpersoal e intrapersoal en nenos/as de 1º-3º de Educación Primaria.
https://learningapps.org/7225351

A ruleta de palabras ou pasapalabra foi creada coa aplicación Educaplay. Esta ruleta está formada por definicións bastantes sinxelas e imaxes de instrumentos musicais que o alumnado terá que adiviñar. Con esta actividade aprenderán o nome dalgúns instrumentos e coñecerán a existencia doutros, fomentando así a intelixencia musical. Está recomendada para rapaces e rapazas de entre 8-10 anos.
O mosaico foi titulado "mundo animal" porque o xogo consiste en emparellar a cada animal co seu hábitat. Por exemplo: a aguia coa imaxe do ceo porque é o lugar por onde voa; o león coa selva, o golfiño co mar, etc. Esta actividade permitirá, ademais de distinguir o medio no que habita cada animal, fomentar a memoria do usuario/a, xa que terá que memorizar onde estaba situada cada imaxe. Este é un exemplo de intelixencia naturalista. Foi creado tamén en Educaplay pensado para o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria.
☺️https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4452082-mundo_animal.html
Por último, creei unha serie de fraccións que fomentará a intelixencia lóxico-matemática coa aplicación ThatQuiz, que consiste na simplificación destas. Está recomendada para o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, xa que é a actividade máis difícil das catro que realicei. Con esta actividade practicarán as fraccións, ademais de que mellorarán a súa axilidade á hora de resolver problemas matemáticos.
☺️https://www.thatquiz.org/es/tl?uw1vl4izc3049wclr4c
por: Aldara Fernández Domínguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario