viernes, 1 de marzo de 2019

INDAGANDO NAS LIGAZÓNS

Para esta nova actividade audiovisual, tivemos que indagar nunha serie de propostas que nos facilitou a nosa mestra. En primeiro lugar, cada unha de nós tivo que consultar pola súa conta as ferramentas que se poden empregar para crear cada recurso audiovisual.

Na miña búsqueda, atopei moitas aplicacións e recursos que me podían axudar a crear a idea que tiñamos en mente, xunto coas miñas compañeiras. Destacan os seguintes recursos: o videotutorial, o cómic, o Book Tráiler, o Storytelling e Stopmotion.

↠VIDEOTUTORIAL: un dos ligazóns que se ofrece na carpeta que nos facilitaron foi o de como realizar un vídeo deste tipo foi https://www.educaciontrespuntocero.com/formacion/cursos-formacion/5-videotutoriales-de-microsoft-para-sacar-el-maximo-partido-a-5-programas-en-el-aula/13088.html
Ao abrilo, entras nunha páxina que che ofrece unha serie de recursos que che axudan e explican o mecanismo de elaboración dun deles. O vídeo coa explicación que me pareceu máis interesante e fácil de seguir foi o chamado "Curso Flashcards" https://www.youtube.com/watch?v=9qGXulKIXl4&feature=youtu.be.

↠CÓMIC: para a creación dun cómic ou de debuxos animados, gustáronme moitas aplicacións que se empregan para este tipo de traballos. Algunhas delas foron Pixton e Go!Animate.
As dúas son páxinas moi boas e útiles, pero unhas están máis completas que outras. En Go!Animate precisas rexistrarte cunha conta e non é tan doado manexala, xa que está en inglés e non se pode cambiar ao español. Ademais, os datos e o traballo quedan gardados alí e cando queres dispoñer deles sempre tes que volver entrar. 
A que máis me gusta é Pixton porque cando acabas a túa creación podes enviar todos os datos ao teu correo. https://www.pixton.com/for-fun?l=es/#video.

↠BOOK TRÁILER: é o recurso que máis espertou a miña curiosidade xa que non escoitara moito sobre esta técnica. Serve para fomentar a lectura na xente máis nova xa que consiste nun vídeo con imaxes de libros no que che explican de que trata, pero sen desvelar o final para deixarte coa intriga😉. Este recurso require moito esforzo.

↠STORYTELLING: é xunto co book tráiler un dos recursos máis difíciles de crear xa que requiren moito tempo de creación. Esta ferramenta emprégase para ensinarlle ao alumnado valores, ademais de coñecementos. Tamén é un bo recurso para fomentar a súa motivación, participación, creatividade e ensinarlles a traballar en equipo. Aquí déixovos unha páxina para crealo https://www.evirtualplus.com/storytelling-en-la-educacion/😊.

↠STOPMOTION: é utilizada para crear animacións a través de moitas fotos, na que cada unha é similar á anterior con leves modificacións para que pareza que é unha soa en movemento. Normalmente para facer este tipo de vídeos, empréganse debuxos a man ou personaxes de plastilina. Aquí tendes un vídeo para que teñades unha idea de como pode ser: "Corazón de papel"💗
https://www.youtube.com/watch?v=yYUganlWC2A.


                                                                                                           por: Aldara Fernández Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...