jueves, 21 de marzo de 2019

EN BUSCA DE FERRAMENTAS PARA CREAR MATERIAIS EDUCATIVOS COAS TIC

As actividades interactivas impulsan a participación das persoas nos sistemas informáticos, respondendo estes ás demandas dos usuarios/as. No ámbito educativo son moi útiles e eficaces, posto que facilitan a presentación da información dunha forma dinámica e permiten unha aprendizaxe máis cómoda a través desta interacción, fomentando así a curiosidade e motivación do alumnado.

Tras un primeiro contacto coas propostas de posibles actividades interactivas na aula, cada unha de nós indagou pola súa conta diversas ferramentas e aplicacións para o seu deseño e creación.


Tendo en conta o noso tema e proxecto aplicado ao alumnado de Educación Primaria, as Intelixencias Múltiples para a Pizarra Dixital Interactiva, reducín a miña búsqueda a este campo.






👉Wideo é unha aplicación para facer vídeos animados. Ademais de permitir crealos rapidamente e de xeito moi sinxelo, podes engadir as túas propias imaxes e sons. Porén, pide rexistrarse para poder ser usuario/a.

https://wideo.co/

👉Para crear labirintos, Puzzle Maker é unha boa ferramenta, xa que está organizado e estruturado por pasos para unha mellor comprensión do usuario/a, e permite editar calquera deles ao teu antollo. Tras esta escolla, o labirinto faise automaticamente.


👉A páxina web "8 Herramientas Básicas Para el Profesor Creativo" aporta ideas moi útiles para crear actividades que permiten facer a clase moito máis atractiva e do interese dos nenos e nenas, sen ter que renunciar a ensinanza da materia correspondente e dos seus contidos. É máis, os recursos propostos (YouTube Teachers, Pixton, Socrative, EdModo, entre outros) facilitan a comprensión do alumnado e a interiorización da información.

http://www.auladeocio.com/8-herramientas-basicas-para-el-profesor-creativo/

👉A páxina que atopei na miña búsqueda e a que máis me chamou a atención foi "150 herramientas para elaborar materiales". Trae unha ampla cantidade e diversidade de aplicacións e ideas para crear actividades interactivas, divididas por seccións e cunha breve explicación de cada unha. É moi útil para encontrar rapidamente un recurso que sexa do voso agrado e facilita o seu acceso a el, aínda que algúns dos enlaces xa non funcionan actualmente.

http://www.humanodigital.com.ar/150-herramientas-gratuitas-para-crear-materiales-educativos-con-tics/#.TqkdT5ul45E



Para rematar, déixovos aquí unha táboa cuxo autor é Conecta13, Educación y Desarrollo Profesional S.L., que permite que esta sexa compartida sempre é cando sexa mencionado como creador. 
Aquí móstranse visualmente as vantaxes dos medios dixitais en relación a distintas actividades que se poden realizar na aula, e onde e como se poden aplicar para lograr a súa eficacia.


tabla_ArtDig
 https://conecta13.com



Por: Inés Fernández Prieto

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...