viernes, 1 de marzo de 2019

LUCES, CÁMARA E... ACCIÓN! 🎬

Tras unha longa investigación sobre os distintos recursos, decidimos que traballariamos cos tres que máis chamaron a nosa atención.
Para comezar, dividimos o grupo en parellas. 

Por un lado, Inés e Aldara aventuráronse a crear un BookTrailer que, como o seu propio nome indica, é o tráiler dun libro. Para facelo, elixiron un dos libros que máis cautiva aos nenos e nenas hoxe en día, Futbolísimos, unha saga de 15 libros que triunfa nestas idades. Para realizar esta actividade pensada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, escolleron o libro 13 "El misterio del jugador número 13". 
A partir das imaxes do propio libro, e coa posterior edición na aplicación Film Maker Pro, puideron realizar este proxecto🎥. Unha aplicación moi completa que, sen dúbida, tras traballar con ela recoméndana a todos/as aqueles/as que se animen a probar esta técnica.

Na nosa opinión, este BookTrailer fomenta moitos valores positivos no alumnado. Aquí móstrase a importancia de considerar o fútbol como un deporte amistoso, e non violento (que é como ultimamente se ven considerando). Só o traballo en equipo e a verdadeira amizade permitiralles ganar o partido e resolver o problema do exame roubado. Polo tanto, trabállase a intelixencia intrapersoal, a interpersoal, a lóxico matemática e a cinestésica-corporal.


BookTrailer - Futbolísimos

Editoras: Inés e Aldara
Voz: David Fernández Prieto


Por outra banda, Alba Rodríguez e Alba Bretaña decantáronse por crear un Stop motion, pese a que ningunha delas o fixera con anterioridade. Para comezar a realizar este proxecto, elexiron un método distinto para explicar as táboas de multiplicar ao alumnado de 2º de Educación Primaria, a metodoloxía Waldorf. Na nosa opinión, é a forma máis rápida e doada para que o alumnado entenda a multiplicación mediante razoamentos e que non a estude de forma tradicional, chapando. 📷

Este Stop Motion, realizado coa aplicación PicPac Stop Motion y Timelapse, fomenta unha gran variedade de valores favorables no alumnado, como a autodisciplina (motivación propia por aprender) e a perseverancia (seguir adiante para alcanzar o obxectivo, a pesar de ter algunhas dificultades). Así como se potencia a creatividade, a imaxinación, e a capacidade de levar a cabo novas estratexias de aprendizaxe. 
Polo tanto, neste recurso trabállase a intelixencia lóxico-matemática do alumnado, e a intelixencia viso-espacial das persoas que realizan este Stop Motion.


Stop Motion - Aprendendo a multiplicar co método Waldorf


Editoras:
Alba González Bretaña
Alba González Rodríguez


Por último, o cómic fixémolo entre todas cunha páxina chamada Pixton. Para fomentar a intelixencia lingüística, pensamos en facer un cómic baseado nas diferenzas entre b e v. Vai destinado ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria.
Coa finalidade de que comprendan que é moi importante distinguir estas dúas consoantes, creamos un ambiente no que b e v (plantexadas como personaxes animadas) están sempre enfadadas porque ninguén é capaz de recoñecelas, xa que son moi parecidas. Grazas á sabedoría doutra letra do alfabeto, o resto serán capaces de notar a diferenza e así poderán ser b e v finalmente amigas. 

Cremos que este cómic pode resultar moi positivo nos nenos e nas nenas, xa que se pretende enfatizar a amizade, a comprensión, a cooperación e a colaboración. Ao mesmo tempo, estase potenciando a intelixencia interpersoal e intrapersoal. 🎭


Cómic - A vida da señora B e a señora V


 
Editoras:
Inés, Aldara, Alba B. e Alba R.




Para poder ver a completa explicación do proceso de creación destes tres recursos, podedes botarlle unha ollada á súa correspondente entrada. Só tendes que facer click 👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/03/guia-para-creacion-dos-medios_6.html



No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...