De
todas elas, unha das que máis me gustou foi Stopmotion,
http://stopmotionnow.blogspot.com/ unha aplicación que permite crear vídeos a partir de fotos. Para lograr este efecto é preciso contar con moitas fotos moi parecidas entre si, xa que o que se busca é que a imaxe se vaia modificando paulatinamente, de tal xeito que o efecto visual final sexa o mesmo que o que obteriamos cun vídeo. Pese a dificultade que supón a elaboración dun Stopmotion, o resultado paga a pena.

Por
outra banda, a aplicación Book trailer,
http://revistababar.com/wp/booktrailers-en-el-aula-una-mirada-diferente-a-la-lectura/ coa que podemos crear un tráiler como se dunha película se tratase,
pero neste caso sobre un libro.
Tendo
en conta que o alumnado ao que van orientadas estas activides teñen
entre seis e doce anos, o Book trailer convértese nunha aplicación fundamental para todo/a docente que queira fomentar a lectura dun xeito máis innovador e
máis chamativo para os nenos e nenas.
Atube-catcher https://www.atubecatcher.es/ . Esta é unha aplicación moi
sinxela de utilizar, pero á súa vez tamén moi útil, xa que nos
permite descargar vídeos de YouTube para poder velos posteriormente
sen necesidade de ter conexión á rede. Ademais, tamén permite
descargar só o audio dun vídeo sen ter que descargar o contido
deste.
Esta aplicación é gratuíta e é compatible con moitas webs.
Esta aplicación é gratuíta e é compatible con moitas webs.
Por
último Toontastic
3D, https://play.google.com/store/apps/details?id=com.google.toontastic que
se atopa dispoñible en Google Play e App Store, polo
que se pode descargar dun xeito moi sinxelo en calquer dispositivo
móbil.
Con
esta aplicación,
os máis pequenos e as máis pequenas poden facer voar a súa
imaxinación, xa que lles permite contar historias de seu. Con ela
poden debuxar e dar vida aos seus deseños, grazas a que permite
engadir audio ás imaxes. Isto faina máis dinámica a par de lúdica.
Con
estas aplicacións podemos acadar o noso obxetivo de crear contido
para traballar as Intelixencias Múltiples.
Ademais de que ó ser sinxelas e fáciles de utilizar, permiten que
sexan os propios nenos e nenas quen realicen esta tarefa dende un
principio, pondo en marcha todas as súas ideas e deixando vía libre
a súa creatividade e imaxinación.
por: Alba González Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario