lunes, 13 de mayo de 2019

TOCA DICIR ADEUS

A creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade de ser tratadas de xeito colaborativo entre a escola e as familias.

Lograr que un grupo de cativos/as en idade escolar fomenten as súas intelixencias, así como que descubran aquela que máis salienta na súa personalidade é unha función impresindible na educación e, polo tanto, un labor primordial para todos os profesores e profesoras.


Este labor que tanto medo nos deu nun primeiro momento axudounos a ver a importancia de traballar as TIC nas clases e así ser nós mesmas quen as adecuemos ás necesidades de cada alumno e alumna. Posto que xerar actividades que se adapten tanto á materia como aos discentes pode ser unha actividade laboriosa, mais non é complexa, e con ela podemos favorecer de forma satisfactoria a aprendizaxe dos contidos que se imparten.


Vai catro meses que se elaboraron os grupos na aula e, tras enfrontarnos a múltiples problemas que apareceron polo camiño, puidemos resolvelos como un equipo e darnos conta que pese a todo o tempo que se adicou, este serviunos para ampliar os nosos coñecementos e abrirnos paso a un novo xeito de ver a educación. 


É por isto que vos convido a que coma nós, vos adentredes no mundo dixital e comecedes a dar renda solta á imaxinacion e a dar vida a todas as vosas ideas, as cales farán máis doada a aprendizaxe de cuantiosos alumnos e alumnas.

Espero que disfrutedes da lectura deste blog tanto coma o fixemos facéndoo. 

Un saúdo, Work In.




                                                                Por: Alba González Rodríguez


EXPECTATIVAS E OPINIÓNS

Fai unha semana que se realizaron as exposicións na aula. Realizar unha exposición non é doado, posto que conleva horas de traballo deseñala e repartila entre os /as compoñentes de cada grupo. Ademáis, ou polo menos no meu caso, sempre implica uns nervios antes de comezar, mais estes non foron un empedimento para que todos e todas os nosos compañeiros e compañeiras realizaran un moi bo traballo. 

Tanto as diapositivas que se empegaron como os diálogos de cada un deles e delas estiveron moi traballados, polo que o traballo que se visualizou foi moi completo.

A nosa proposta, as intelixencias múltiples, permitiunos traballar distintas actividades adecuadas a cada unha das oito intelixencias. Ademais, todas nós participamos para que este proxecto saíse adiante o mellor posible, e dende o  meu punto de vista, estamos moi contentas co resultado final.

O traballo do meu grupo foi sen duda algunha un traballo en equipo, que requeriu da participación de todas e cada unha de nós para acadar o final desexado.

Os proxectos que decidiron traballar o resto dos grupos foron moi interesantes, como a temática de A diversidade ou A alimentación saudable. 
Todos os grupos realizaron actividades adecuadas á súa proposta e ó seu proxecto, á par que interesantes, conseguindo así a nosa atención durante as exposicións.

Por outra banda, a organización da materia foi moi boa, xa que dende un primeiro momento tiñamos a estruturación de cada sesión e sabiamos de antemán que actividades de realizarían na aula. 

A proposta de proxectos prácticos foi unha aprendizaxe que resultará de gran utilidade no meu futuro como docente, un gran paso para afrontar o medo a crear as miñas propias actividades e a mergullarme nun mundo tan amplio como a creación de actividades 

En xeral, adicamos moito tempo a estes exercicios e esta foi un labor que se mostrou nas exposicións de xeito moi satisfactorio.



                                                                  por: Alba González Rodríguez

viernes, 10 de mayo de 2019

VALORACIÓN DAS EXPOSICIÓNS


Nesta entrada comentarei a miña valoración crítica sobre o traballo e o proxecto que foi realizado ao longo do curso por min e as miñas compañeiras, pertencentes ao grupo Work In, así como o traballo levado a cabo polo resto de equipos.


Ao inicio do curso decidimos, como xa todos/as sabedes, escoller o tema das Intelixencias Múltiples, un tema que nos deu moito xogo á hora de realizar as actividades. Isto débese a que, ao haber 8 tipos de intelixencias, permitiunos nomealas a todas nas nosas actividades, sen excluír ningunha.
Cada unha de nós traballou de forma continua e diaria na realización das actividades que se nos propuxeron semana a semana, para evitar que se nos acumulara demasiado traballo para o final.
Foi así como logramos sacar adiante, dende o meu punto de vista, un bo traballo, froito do esforzo persoal de cada unha día a día.
Ademais, cabe mencionar que nas partes prácticas da materia, todas aprendemos unha gran cantidade de conceptos e aprendizaxes que ata o momento descoñeciamos e que nos serán de gran utilidade nun futuro.

En canto á nosa exposición oral do proxecto, realizada baixo a presenza das tres mestras responsables da materia e dos nosos compañeiros e compañeiras, na miña opinión estou completamente satisfeita co resultado.
Demos a coñecer as diferentes actividades, cada unha delas fomentando as diferentes intelixencias co obxectivo de concienciar ao alumnado da necesidade de fomentar cada unha delas por igual, aínda que alguén destaque máis nunhas que noutras.

As presentación dos meus compeñeiros/as tamén estiveron moi ben, aínda que foron dúas delas foron as que máis me chamaron a atención e que pasarei a comentar a continuación.
En primero lugar, un grupo formado por tres boas compañeiras, trataron o tema dos hábitos saudábeis aplicado nunha revista escolar dixital.
Desde o meu punto de vista, trataron un tema fundamental para a actualidade, reflexando de forma creativa unha gran cantidade de actividades co propósito de concienciar ao alumnado de levar a cabo hábitos saudábeis beneficiosos para a súa saúde.
Realizaron unha exposición moi clara e seguras de si mesmas en todo momento, mostrando paso a paso e explicando tanto as actividades realizadas como o resultado final.

Outro grupo é o formado por 4 compañeiros e compañeiras, que trataron o tema da violencia de xénero aplicado nunha revista escolar dixital.
Considero que elexiron un tema moi relevante co obxectivo de concienciar ao alumnado, xa dende Educación Primaria, de que todos/as somos iguais, e a non discriminación por razóns de sexo ou afectivas-sexuais.
Realizaron unha exposición bastante clara, dando a coñecer as diferentes actividades que realizaron ao longo do curso, todas elas en relación ao tema a tratar.

Por último pero non menos importante, é preciso nomear que as prácticas realizadas nesta materia me foron de gran utilidade, pois grazas a iso fun capaz de coñecer unha gran cantidade de ferramentas que de seguro usarei nun futuro como mestra, así como unha gran cantidade de novos coñecementos ata o momento descoñecidos.


Por: Alba González Bretaña


ACLARACIÓNS SOBRE AS PRÁCTICAS

Esta entrada vai adicada a unha valoración crítica sobre a miña opinión persoal con respecto ao noso propio proxecto e ao resto dos presentados na aula polos nosos compañeiros/as.

En relación á nosa proposta, estou amplamente orgullosa do noso traballo, xa que houbo moi boa relación entre todas as integrantes e un gran interese común por aprender e mellorar. Todas aportamos ideas e propuxemos unha mellora conxunta de todas e cada unha delas. 
En canto á nosa exposición sobre as Intelixencias Múltiples na PDI, considero que foi boa, xa que as catro falamos o mesmo tempo, consecuencia da división equitativa da información. Pese a que estabamos un pouco nerviosas, intentámolo facer o mellor que puidemos e mostrarlles ao resto o noso arduo traballo que con tanto esforzo realizamos.

Con respecto ás presentacións de proxectos amigos, todos fixeron un bo traballo. 
Todas as/os integrantes de cada grupo falaron adecuadamente e limitándose ao tempo esixido, aportando actividades creadas por elas e eles mesmas/os e bastante creativas, organizadas dun xeito moi apropiado e comprensible. Como aspecto tratable e mellorable, podíase observar que os nervios de todos/as estaban a flor de pel, pero só é cuestión de práctica perder a ansiedade ante un público. 
Gustaríame mencionar que a posta en escena dalgún grupo en especial captou o meu interese absoluto, debido a que toda a información aportada resultou moi interesante e foi explicada paso a paso de forma coherente.



Por último e como conclusión final, gustaríame engadir que esta proposta de proxectos de Prácticas de Novas Tecnoloxías foime de gran utilidade e de interese. Facer un blog coas miñas compañeiras e crear nós mesmas recursos e actividades que posteriormente poderemos utilizar (ou que polo menos saberemos crear outras novas) resultoume moi entretido, aínda que ás veces un pouco complexo porque non son moi coñecedora deste mundo informático. Porén, estas prácticas facilitáronme a adquisición de novos coñecementos que aplicarei de seguro nun futuro.
Adicionalmente, considero que a organización estivo moi estruturada, cuestión que agradezo porque xa desde un principio tiñamos os pasos e obxectivos a alcanzar, promovendo desta forma unha boa planificación e distribución dentro dos equipos.


Despídome cun enorme saúdo para todas e todos vós.


Por: Inés Fernández Prieto



AVALIACIÓN XERAL DA MATERIA


Nesta entrada vou valorar de maneira crítica a miña opinión persoal con respecto ao noso proxecto e ao dos demais compañeiros e compañeiras.

Con respecto á elaboración e produto final, quedei moi satisfeita xa que todas as integrantes do grupo fixemos un moi bo traballo e esforzámonos por superar as dificultades e lograr o obxectivo de acabalo e aprender del, posto que era a primeira vez que realizabamos unha tarefa deste tipo. A pesar de non saber nin como comezar, todas propuxemos moitas ideas e mostramos un gran interese. Outro factor que axudou a que isto acabara dun xeito adecuado foi a boa relación entre o grupo.

En canto á presentación do noso proxecto, Intelixencias Múltiples, considero que estivo moi ben a pesar dos nervios que mostrabamos cada unha de nós. Todas falamos de maneira clara e equitativa e non houbo diferenzas bruscas en canto á súa explicación.

Resultado de imagen de comunicación

En relación aos demais traballos dos nosos/as compañeiros e compañeiras, tamén estiveron moi ben. Cada integrante de cada grupo falou e explicou a súa parte dunha maneira axeitada. Aínda que houbo equipos que duraron máis ca outros, todos estiveron bastante interesantes. Pero si que houbo traballos que captaron máis atención que outros, xa sexa pola duración, pola forma de explicar e a coherencia que demostraban.

Como conclusión final, quero engadir que as clases, pero sobre todo as prácticas, fóronme de gran utilidade xa que grazas a estas fun coñecendo actividades e recursos que antes endexamais vira. Todas estas ferramentas empregareinas nun futuro como próxima docente e darei grazas por ter esta asignatura que me axudou a coñecelas e a traballar con elas, para despois ensinarllas ao meu alumnado.😃



Despídome dicindo que foi un pracer compartir todo no blog !!!!

                                                     

                                                             por: Aldara Fernández Domínguez




miércoles, 8 de mayo de 2019

PRESENTANDO O PROXECTO FINAL

Unha vez rematadas as actividades e a secuencia, elaboramos unha presentación para así poder organizalas e mostrarlles o resultado aos nosos compañeiros e compañeiras.


A presentación dividiuse en seis partes: xustificacióncontextocontexto curricularactividades a realizarconclusión e referencias bibliográficas.






Na xustificación, a cal consiste na descrición do proxecto e do tema escollido, fixemos unha breve introdución das intelixencias múltiples, aplicadas á PDI. Nesta mesma diapositiva fíxose alusión á importancia das TIC no ámbito educativo. 

Segundo o contexto, podemos decir que este proxecto está pensando para empregarse en todos os cursos de Educación Primaria, sempre e cando as aulas teñan unha Pizarra Dixital Interactiva, e tendo en conta as caracterísitcas psicoevolutidos dos nenos e nenas ás que vai destinado.

En canto ao contexto curricular, seguíronse unha serie de obxectivos como: a iniciación da aprendizaxe das TIC e desenvolver as capacidades afectivas propias e co resto das persoas. As competencias clave deste currículo son: a competencia dixital, aprender a aprender e o espírito emprendedor. 
As distintas áreas polas que está formado organízanse segundo as disciplinas troncais, que se corresponden con ciencias naturais e socias, lingua castelá e literatura a primeira lingua estranxeira e as matemáticas. Por outra parte, como materias opcionais atopamos a educación física e artística.

As 21 actividades que se realizaron coas diversas aplicacións organizáronse posteriormente na presentación como a secuencia mencionada segundo a temática, o nivel e a dificultade.

Por último, cerramos este proxecto coas nosas propias conclusións, nas que todas as integrantes deste grupo coincidimos. 

A creación de este blog supuxo un gran reto que a medida que o curso avanzaba fomos superando, logrando así solventar todos e cada un dos problemas e dificultades que atopamos durante o camiño, pero tamén nos ensinou a manexar dintintas aplicacions e as vantaxes e desvantaxes das TIC.


Se queredes coñecer máis profundamente esta presentación, convidámosvos a que lle votedes unha ollada a este enlace con acceso directo 👀👉https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQU_Bip0PUrORnpx575qOFVbi5YvQ4bp1jbodOwHHvTysgoyM4ZlBVpzAiCZ27IJ7nomKM7gDiUiOqM/pub?start=false&loop=false&delayms=3000

Esperamos que vos gustase! 😃😃
 



UNHA OLLADA CARA ATRÁS

Tras rematar todas as actividades interactivas, é a hora de facer o proxecto final que articule todos os recursos realizados por nós ata agora para PDI, polo que optamos por facer unha secuencia.

Unha secuencia consiste en agrupar una serie de elementos, en este caso as nosas actividades, que gardan relación entre si e establecer unha sucesión e orde entre eles.
Tendo en conta o póster, a webquest, os 3 recursos audiovisuais e as 16 actividades interactivas feitas, creamos unha presentación de Drive para organizarnos.

Primeiramente dividimos todos os recursos segundo a intelixencia que abordasen en tres bloques: Ciencias da Natureza e Matemáticas, Idiomas e Vocabulario, e Artes: Música, Plástica e Expresións Emocionais.






Tras finalizar, establecemos o grao de dificultade por niveis.

O nivel 0 é o póster, xa que abarca todas as intelixencias múltiples. Este consta dun Código QR que proporciona enlace directo ao noso blog "intelixencias multiples", unha nube de palabras relacionada coa nosa temática, e as aplicacións organizadas segundo sexan unha paxina web, unha serie, unha aplicación ou un xogo.
No nivel 1 atópanse as actividades que consisten en aprender a través da observación, onde o alumnado é pasivo durante a aprendizaxe. O nivel 2 consta de actividades nas que o alumnado deberá traballar e pensar máis para resolvelas correctamente, organizadas xerarquicamente de arriba a abaixo pola súa complexidade (facer correctamente as situadas na parte inferior demostra que podedes ser capaces de realizar as actividades do seguinte nivel). O nivel superior é o 3, que se rexe polas mesmas medidas que o 2. Mentres que o nivel 4, soamente no bloque de Artes, é a WebQuest, xa que consideramos que a actividade máis duradeira e complexa.


Para facer da secuencia unha ferramenta máis interactiva, tivemos a idea de colocar hipervínculos 🔗 tanto nos nomes das actividades, e así poder acceder a elas cun só click, como nas propias diapositivas para poder moverse cunha maior rapidez.

Para ver a nosa secuencia "Intelixencias Múltiples" só tedes que facer click neste enlace 👀👉 https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQCD0owyx5c5u4bdTtQLRQfy23jkMSJ-g2itsZXv5LJ9xVtRyaYM0u7qMwHzuLB2WzFnNW7-bTZSeRx/pub?start=false&loop=false&delayms=3000


Esperamos que vos gustase!💥💛



TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...