miércoles, 8 de mayo de 2019

ACADAMOS A META!

Ola a todas e todos!

Tras facer todas estas actividades, gustaríame facer unha reflexión persoal do que supuxo a elaboración deste blog.
Primeiramente, sensibilizoume e axudoume a concienciarme da importancia de usar imaxes de dominio público. Ademais de que isto non supón realmente ningún de problema, xa que hai ferramentas e páxinas web onde se poden atopar imaxes de moi boa calidade e respectando as leis de compartición e as imaxes suxeitas a licencias.

En segundo lugar, abriume paso cara a creación de actividades propias e aplicables á aula. Actividades que probablemente utilizarei durante a miña futura docencia en Educación Primaria, ou a creación de similares para favorecer a aprendizaxe curiosidade e interese do alumnado.
Isto tamén supuxo atopar ferramentas, recursos e aplicacións que ata agora descoñecía da súa existencia. A súa búsqueda, experimentación e utilización foron un proceso que implicou que mellorase tanto a nivel de aprendizaxe informático como educativo.

Ademais disto, fomentou unha maior e mellor colaboración entre as miñas compañeiras e mais eu, xa que tiña que existir unha cooperación mutua para que as entradas individuais e grupais estivesen relacionadas e coherentes. Sabendo que ningunha das catro integrantes era ampla coñecedora deste mundo tecnolóxico, foi necesario estar atentas, investigar moito e compartilo co resto para favorecer a marcha deste proxecto.

En conclusión, esta asignatura en xeral foime de gran utilidade para mellorar os meus coñecementos. Tanto as explicacións teóricas como a súa aplicación no blog me servirán para aplicar o aprendido nos próximos anos.



Foi un pracer facer este blog coas miñas compañeiras!💛





Por: Inés Fernández Prieto

E PARA REMATAR.....

Chegamos ao final!!!

Dende o meu punto de vista, levo un moi bo recordo e moitas aprendizaxes desta materia.
Hai que recoñecer que ao principio, tiña algo de medo, pois isto das TIC nunca foron o meu punto forte, medo a non saber utilizar os materiais, medo a non ser capaz de facer un bo uso e manexo das TIC e, sobre todo, medo a decepcionar ao meu grupo.

Pero, pouco a pouco funme dando conta de que non era para tanto, e que era máis doado do que parecía a simple vista. Aprendín unha gran cantidade de novos coñecementos ao longo do curso, do uso de ferramentas, de creación de actividades que seguro que me serán de gran utilidade nun futuro... E todo isto grazas tanto ás mestras como ás boas compañeiras do meu grupo de traballo, as cales sempre estiveron e seguirán estando ahí en todo momento.


En xeral, podo afirmar que foi unha das materias máis divertidas e, ao mesmo tempo, unha das que máis hai que traballar para conseguir os obxectivos propostos. Porén, realizando as tarefas día a día e con motivación, estas volvéronse máis levadeiras.


Por: Alba González Bretaña

martes, 7 de mayo de 2019

CHEGAMOS AO FINAL

Rematou o curso e as clases, polo tanto quere dicir que esta vai ser unha das últimas entradas deste blog. Chegamos ao final. 😃😐

Dende a miña opinión, levo un moi bo sabor de boca desta materia, a pesar de  que ao principio non estaba moi segura de se me ía gustar isto das tecnoloxías porque non se me dan moi ben. Pero pasou todo o contrario, aprendín moito desta asignatura, xa que a maioría das cousas non sabía facelas pero coa axuda das miñas compañeiras e mais a profesora puiden desafiar e superar as miñas dificultades.

Unha dos aspectos máis importantes que aprendín é que hai que ter moito coidado co Copyright e empregar imaxes que só sexan de dominio público. Hoxe en día, isto é bastante doado de identificar e distinguir, xa que hai diversos blogs e sitios web que permiten empregar as imaxes e vídeos que necesitamos.

É imprescindible mencionar que tamén aprendín a empregar recursos e aplicacións que non usara en ningún momento, para a posterior creación pola miña conta dunha serie de actividades interactivas que xamais pensei que sería capaz de crear. Este foi o meu maior logro!

Esta asignatura axudoume a conectar con compañeiras coas que antes non falara nunca, o que me abriu paso a coñecelas e a traballar con elas, o que foi un verdadeiro pracer para min, xa que somos un grupo que colaboramos entre nós e axudámonos no que faga falta, tanto nas entradas individuais pero sobre todo, nas colectivas.

En conclusión, esta materia foime de gran axuda á hora de desenvolver a miña capacidade no mundo da informática e as novas tecnoloxías. Tanto as clases grandes como as medianas serviron para ter conciencia no uso destas tecnoloxías e sobre todo, a aplicar o aprendido como futuras docentes.

                                                                por: Aldara Fernández Domínguez

lunes, 6 de mayo de 2019

COMO FOMENTAR AS INTELIXENCIAS NOS MEDIOS AUDIOVISUAIS

As oito intelixencias propostas pola teoría de Gardner están sempre presentes en moitos contextos e ocasións da nosa vida. Neste caso, imos concienciarvos da súa importancia e existencia (inconsciente) nas series de televisión, crutametraxes ou películas infantís que máis nos gustan a nós da nosa infancia e actualmente.

As curtametraxes de Pixar Animation Studios son un bo exemplo de demostración da intelixencia interpersoal e intrapersoal.

"Cuerdas" é un curto de Pedro Solís García que fomenta a integración e a aceptación do alumnado diverso na clase. A intelixencia interpersoal pódese ver claramente reflexada neste pequeno vídeo educativo. https://youtu.be/4INwx_tmTKw
No caso da intelixencia intrapersoal, curtos como Purl (Pixar) ou In a Heartbeat (Beth David e Esteban Bravo) ensinan valores morais fundamentais, como a aceptación dun mesmo/a e non xulgar aos demais. 

Tamén a película para todos os públicos chamada "Del Revés" ("Inside Out" en inglés), producida por Pixar e distribuída por Walt Disney Pictures, é un modelo propio desta intelixencia: tras verse enfrontadas as 5 emocións dunha nena, representadas por persoas que habitan na súa mente e encargadas de dirixir os pensamentos e condutas, deberán buscar un equilibro para que haxa un balance igualitario entre elas, xa que todas as emocións son importantes e necesarias. 
Poderíase incluír ademais na intelixencia cinestésico-corporal, xa que as expresións corporais, neste caso faciais, conforman unha parte relevante desta. Na película amósase que cada emoción adopta unha determinada expresión facial, a correspondente ao sentimento que representa.

A continuación, deixámosvos os enlaces dos recursos citados por se tendes curiosidade:
Del Revés Tráilerhttps://youtu.be/D-YKuKf_zkQ





Peppa Pig é unha serie adicada a nenos e nenas de Educación Primaria especialmente como un recurso de ocio pero, ao mesmo tempo, trasmite unha serie de coñecementos, valores e saberes de gran relevancia nestas idades. 
Neste enlace pode observarse como aprender os números do 1 ao 10, fomentando así a intelixencia lóxico-matemática, ademais da naturalista, xa que esta serie está protagonizada por distintas personaxes caracterizadas por ser animais.

Con Dora la Exploradora, foméntanse unha gran cantidade de intelixencias, como a matemática ou a naturalista. Porén, nós centrarémonos na intelixencia lingüística. 
Con Dora, os nenos e as nenas aprenden unha gran cantidade de vocabulario, tanto en castelán como en inglés. Ademais, tamén fomenta unha serie de condutas adecuadas para convivir en sociedade como “non roubar”.
Outra serie que fomenta a intelixencia naturalista é Os pingüinos de Madagascar, posto que esta intelixencia destaca por impulsar un gran coñecemento da fauna e da flora, o cal se corresponde cun dos argumentos principais.

Por outra banda, Art Attack é un programa de televisión que emitían en Disney Channel, onde ensinaban os pasos para facer todo tipo de manualidades, como debuxos con acuarelas, papiroflexia, grandes retratos con xiz, lienzos, inventos con materiais reciclados e moitas cousas máis. Con este programa, nenos e nenas fomentan a súa intelixencia viso-espacial, ademais de favorecer a creatividade. 
No seguinte vídeo vaise ver como un home crea unha representación artística con materiais que vai empregando á medida que os encontra: https://youtu.be/GZ9v6bSp7Nk 






Unha serie moi popular vista por todas nós foi Little Einstein. Esta implica unha gran cantidade de intelixencias, como a musicallingüísticainterpersoalintrapersoalviso espacial, etc.
Nesta serie infantil de Disney junior, recomendada para nenos e nenas de Educación Primaria, a música está presente dende o comezo ata o remate de cada episodio e busca a participación de todos os rapaces e rapazas que ven a serie.
Adicionalmente, conta con subtítulos para que poidan seguir o ritmo dende a casa. No seguinte enlace pódese observar o comezo da serie.


E por último, os debuxos tipo manga de Oliver y Benji foron moi famosos en España durante uns longos anos,  nenas e nenos desfrutaban moitísimo véndoos. Estes resultan entretidos, pero tamén axudan a fomentar a intelixencia cinestésico corporal, xa que ademais de utilizar o corpo para moverse e dominar as habilidades físicas, emprégano para expresar ideas, sentimentos e sobre todo para aprender. No seguinte vídeo veredes a canción da cabeceira destes debuxos que todos os rapaces e rapazas cantaban en calquera momento.
https://youtu.be/3zrGjc0UEgU







domingo, 5 de mayo de 2019

CREA, FABRICA E XOGA

Existen múltiples aplicacións no mundo dixital que nos permiten crear actividades de acordo con todo o que queremos traballar, con posibilidades infinitas.

A meirande parte destas aplicacións son sinxelas, algunha como Hotpotatoes, unha das aplicacións máis famosas do panorama dixital en canto á creacion de actividades se refire. Con esta aplicación pódense crear múltiples xogos e exercicios. Permite un número limitado de xogos a realizar sen necesidade de rexistro, mais unha vez que estes rematen debedes rexistrarvos para continuar a utilizala. 
https://hot-potatoes.uptodown.com/windows

Por outra parte, Kahoot é unha aplicación que permite crear cuestionarios de avaliación a través da creación dun usuario, e que múltiples xogadores/as participen ó mesmo tempo. Para facelo, só tedes que introducir un código. 
Unha vez rematado o xogo, ordenaranse de maior a menor puntuación os/as participantes.
https://kahoot.com/

Coa aplicación Cerebriti, unha vez rexistrado/a, pódense realizar múltiples actividades dunha forma moi sinxela. Ofrece unha gran cantidade de posibilidades, unicamente debedes seguir os pasos que se indican na parte superior da páxina para finalizar con éxito a actividade.
https://www.cerebriti.com/editar-juego/nuevo/juegos-carrusel/

Constructor é unha actividade creada pola Xunta de Estremadura que permite crear actividades dunha forma moi cómoda. Non só está deseñada para que xente de distintas idades poida beneficiarse con ela. Contén máis de 50 actividades configurables. 
https://constructor.educarex.es/inicio.html


  
                                                           por: Alba González Rodríguez

A FÁBRICA DE FERRAMENTAS

Crear actividades nos medios dixitais adaptadas ós alumnos e alumnas resulta impresidincible nunha época na que a tecnoloxia é unha parte tan esencial da nosa vida. É por iso que cada vez son máis as ferramentas que permiten axilizar e simplificar esta tarefa. 

Unha aplicación tan simple como Educaplay, a cal non precisa ser descargada para usala e que tan só con crear unha conta de usuario/a é suficiente, pode facilitar a tarefa de calquer profesor/a. Con esta aplicación podedes crear unha infinidade de xogos educativos, como un exame tipo test, adiviñas, completar palabras, sopa de letras, etc. 
https://es.educaplay.com/


                             
Outra aplicación sinxela é Edilim. Precisa ser descargada para poder usala, pero a descarga é moi simple. Unha vez instalada no noso ordenador, resulta moi doada. Tan só debes escoller a actividade ou tafera que queredes realizar e seguir os pasos necesarios que vos permitirán crear unha infinidade de xogos didácticos.
https://edilim.uptodown.com/windows



                        

                           

Por outra banda, outra aplicación chamada Ardora tamén precisa ser descargada. Descargala é sinxelo, mais á hora de traballar con ela resulta algo máis complexa na miña opinión, xa que realicei unha actividade interactiva con ela e resultoume moi difícil entender o seu proceso de elaboración.
http://webardora.net/index_cas.htm





Unha das aplicacións coas que máis me costou traballar foi Scratch, xa que precisa utilizar programación para desenvolver as actividades. Pese a esta dificultade, xa que endexamais fixera algo semellante, pareceume unha moi boa aplicación que contempla múltiples posibilidades para traballar con ela.
https://scratch.mit.edu/ 



Algunhas das actividades que se crearon foron feitas con estas aplicacións e, pese a que era a primeira vez que traballaba con elas e facelo resultou un reto, esta foi unha oportunidade máis para aprender a utilizar a tecnoloxía na aula. 



                                                                por: Alba González Rodríguez

jueves, 2 de mayo de 2019

XOGA E APRENDE, 4 ACTIVIDADES.

Para aprender, e que o coñecemento se consolide de forma permanente no noso cerebro, é imprescindible traballalo dun xeito práctico. É por iso que para que os nenos e nenas desenvolvan as súas capacidades e traballen as intelixencias múltiples, tivemos que deseñar varias actividades coas cales se poidan fomentar estas 8 intelixencias. 

Para traballar a intelixencia lóxico-matemática creamos o xogo do reloxo coa aplicación de Ardora, o cal esta destinado ó alumnado de segundo de Educación Primaria. 
Con esta actividade, os alumnos e alumnas deberán relacionar a hora que se mostra escrita e marcar en ambos reloxos, dixital e analóxico, á hora que lle corresponde. 






Para continuar traballando esta intelixencia deseñouse a aplicación do Labirinto
co programa Scratch. Os nenos e nenas deberán facer click na bandeira verde para comezar a mover, en este caso o "gato", a través do labirinto ata alcanzar o "rato". 
https://scratch.mit.edu/projects/302557718/ 



A continuación, para traballar a intelixencia naturalista, creouse un test coa aplicacion de Educaplay para o alumnado de quinto curso de Educación Primaria. 
Ó ser un test que abrangue todos os temas, tamén pode ser usado a modo de repaso para o alumnado de sexto de primaria. 
Este test consiste en que os de nenos e nenas fagan unha proba de coñecementos xerais tras estudar o temario deste curso. Consta de 10 preguntas distintas no que os alumnos/as deberán escoller entre as opcións que se lles mostra a que máis se adapte ao que se pregunta. 
Para poder pasar á seguinte pregunta, deberán ter marcada a opción que consideran verdadeira. O aprobado está en 7 acertos, é dicir, 3 erros como máximo, pero poderán repetilo as veces que sexan necesarias.
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4391817-ciencias_da_natureza.html




Para traballar esta mesma intelixencia creouse a actividade de Raios X coa aplicación Edilim, a cal consta dun esqueleto que posúe as partes do corpo escritas. 
Nesta actividade os nenos e nenas deberán arrastrar o foco (círculo) que fai que a fondo sexa trasparente polo esqueleto ata atopar todas as partes do corpo que se amosan na lista.







por: Alba González Rodríguez

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...