Durante
a miña búsqueda individual consultei diversos recursos, todos eles
relacionados co noso tema a tratar das Intelixencias Múltiples.
Entre
todos eles cabe destacar este blog
http://recursosinfantilprimaria.blogspot.com/
no
cal se poden fomentar numerosas Intelixencias. Atendendo ao apartado
de vocais, pode ser un recurso moi útil para desenvolver a
Intelixencia Lingüística. O apartado de matemáticas
será beneficioso para a Intelixencia Matemática, mentras que
o apartado de Coñecemento do Medio será necesario para a
Intelixencia Naturalista.
Outro
dos recursos a visualizar foi
http://www.cristic.com/juegos-educativos/
no cal se poden seleccionar xogos de diferentes niveis. Atedendo por
exemplo ao rango de 3º e 4º de Primaria encontramos numerosos xogos
para fomentar diversas intelixencias (inglés, matemáticas, música,
plástica, naturales....). Do mesmo xeito ocorre se seleccionamos outros rangos como o 1º e 2º ou 5º e 6º de Primaria de menor ou maior dificultade respectivamente.
Fonte: https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/inteligencias-multiples-relacion-las-competencias/72582.html |
Decanteime por elexir unha revista
dixital, unha serie de televisión e un xogo, sobre os que profundizarei agora mesmo.
En
primeiro lugar, a revista dixital coñecida baixo o nome de
Revista Educación 3.0 atopada no seguinte enlace:
https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/inteligencias-multiples-relacion-las-competencias/72582.html
Este artículo fai un pequeno resumo sobre as Intelixencias Múltiples e a súa relación coas competencias. Explica que en 1983 a Universidade de Harvard lanzou unha revolucionaria teoría psicolóxica, afirmando a existencia das 8 tipos de intelixencias: a lingüístico-verbal, a musical, a lóxico-matemática, a viso-espacial, a corporal-cinestésica, intrapersoal e naturalista.
En segundo lugar, Art Attack é unha marabillosa serie de televisión que explica paso a paso como facer manualidades, fomentándose así a intelixencia espacial. Tal e como se observa no seguinte enlace, neste exemplo pódese ver o proceso de creación de cadernos en 3D de forma persoalizada, orixinal e creativa.
Por último, hai que mencionar un xogo coñecido baixo o nome de Plant Nanny-Water Reminder.
Este xogo é unha ferramenta de gran utilidade e fomenta a intelixencia naturalista. Permítenos coñecer distintos tipos de plantas e os coidados especiais de cada unha.
Combina saúde con diversión, xa que o seu obxectivo fundamental é o coidado regular dunha determinada planta co fin de mantela viva e axudarlle a crecer.
Por: Alba González Bretaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario