Tras isto, decidimos con que aplicacións facer o código QR e a nube de palabras ou nube de tags.
Para poder seguir de cerca o paso de escolla destes, podedes visitar a nosa entrada "Ferramentas para crear un póster". Deixamos o enlace aquí 👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/02/como-crear-un-poster.html
A continuación, poidemos comezar a crear o póster, co cal tivemos tamén outro contratempo. Analizamos diversas opcións como Padlet, Pinterest e Gloster.
Comezamos a facelo en Glogster, páxina moi recomendada para facer pósters.
http://edu.glogster.com/?ref=com
A nosa primeira impresión foi moi boa, tiña unha gran variedade de fondos, imaxes, links, debuxos... Porén, atopámoslle un inconvinte. Tendo que incluír nós 12 recursos, só nos daba a posibilidade de engadir 6 obxectos.😓
Foi entonces cando tivemos a idea de usar Canva, anteriormente utilizada para facer o fondo que podedes ver no blog. Ten a posibilidade de facer pósters e permite unha maior movilidade durante o seu proceso.
https://www.canva.com/
Despois, todo resultounos moi sinxelo. Organizámonos e dividimos o espazo do póster de forma que non dése a impresión de que estivera moi comprimido. Para iso, ocorréusenos a idea de facer hipervínculos nos recursos e ter así moito máis espazo libre. Ademais de vinculalo a un recurso auditivo a través de YouTube para poder escoitar a música ao mesmo tempo.
Este é o noso resultado💥💪
(preme no enlace para acceder os hipervínculos👀👇)
https://www.canva.com/design/DADSDw5ttDc/RxGFewgjaclR83CoSjdmcg/view?presentation
Como conclusión, cremos que aplicacións como estas permiten a súa accesibilidade a todas as persoas, persoas que non teñen que ter moitos coñecementos sobre tecnoloxías para poder traballar comodamente. Aínda así, se hai algunha dificultade, teñen a posiblidade de acceder a blogs coma este e poder ver paso a paso, como se se tratase dunha guía, o seu proceso de creación.
Esperamos que vos gustase o póster!💛
No hay comentarios:
Publicar un comentario