miércoles, 13 de febrero de 2019

ANALIZANDO RECURSOS NA REDE


En primeiro lugar, elexín un xogo nomeado PLELQ que se xoga con realidade aumentada, con cubos que conteñen letras e algúns símbolos en 3D. A medida que vas avanzando no xogo vas desenvolvendo novas experiencias e retos educativos que hai que resolver. Ao facelo, estás fomentando as túas habilidades lingüísticas, lóxicas, matemáticas, interpersoais, intrapersoais e moitas máis, e estimulando todas esas intelixencias múltiples, dunha maneira didáctica á vez que entretida e divertida.

Con este xogo virtual, podes saber que é o que se che dá mellor e cal e no que te tes que esforzar máis porque te resulta demasiado difícil. A súa vez, os teus pais ou nais, descubren e saben cal é o que peor se che da e poden facer todo o posible para axudarche a que non che entorpeza demasiado. 
O persoal docente tamén pode facer uso desta aplicación na aula porque pode realizar actividades que fomenten as habilidades dos seus alumnos e alumnas e facer que desperten o interese en asignaturas que non lles gusten ou que lles custe máis. A través deste xogo pode conectar co alumnado e facer da sesión un rato agradable onde os rapaces e rapazas salgan da rutina e o pasen ben e, o máis importante, que sigan aprendendo e fomentando as súas intelixencias e comportamentos como compartir, respetar os turnos dos compañeiros/as, saber encaixar dun bo modo a derrota, saber gañar, etc.







En segundo lugar, elexín unha páxina web que contén varios xogos educativos online gratis sobre as materias que os nenos e nenas dan todos os días no colexio. Para xogar non necesitas facer unha conta. Por tanto, non fai falta expor ningún tipo de datos persoais.

Esta páxina web aporta moitas cousas boas ao noso proxecto sobre as intelixencias múltiples, xa que ademais de entreter aos máis pequenos/as, axuda a fomentar as súas destrezas e, incluso a desenvolver novas habilidades que xorderon a través dos xogos e que pensabamos que non as tiñan.


Ten máis de 500 onde poder elixir para que ademais de aprender, se divirtan. Os xogos están organizados por cursos, por idade e por asignaturas.


É bastante doada de entender porque está moi ben explicada e separada en bloques segundo a idade e as asignaturas, ademais de que conta con moitos xogos. Porén, estes xogos non son para todos/as, xa que non ten en conta a diversidade e se hai rapaces ou rapazas que teñan necesidades específicas especiais.











Por último, elexín un vídeo, que é unha reportaxe sobre como tratan as intelixencias múltiples na escola de Georgia.
Utilizan bastante as imaxes, onde desenvolven a súa intelixencia sobre os debuxos e as fotos, desenvolven actividades musicais para aprender os diferentes contidos. Por exemplo: para aprender os océanos e os continentes crearon unha canción, para saber as diferentes cidades, crearon un libro con debuxos de animais ou de materiais que se poden atopar e os nomes desas cidades.


Pola contra, o único curioso deste método é que non está de todo adaptado ás necesidades específicas de todo o alumnado, senón que se centra na gran maioría que non padece ningún inconvinte á hora de aprender con facilidade.



En resumo, dous destes ligazóns saqueinos dos que están colgados en Faitic. A páxina web CRISTIC, pertence á ligazón:  "Juegos_educativos_para_Infantil_y_Primaria" xa mencionada anteriormente. O último recurso, a reportaxe sobre a escola de Georgia na que se basan os docentes que a forman, atopeina entrando na ligazón https://www.xarxatic.com/51-blogs-educativos-para-este-2015/ . Alí hai unha gran variedade de blogs onde escoller o máis axeitado para o tema elixido. O que escollín foi o de Edutopia que está calificado como un blog multiautor que ten unha gran cantidade de recursos e reflexións educativas, onde aparecen estratexias e recursos para traballar na aula, como foi  no caso do vídeo de "Multiple Intelligences".
A aplicación PLELQ non a atopei en ningunha ligazón colgada en Faitic, senón que fun a Play Store (xa mencionada a ligazón) e puxen "intelixencias múltiples". Aparecéndome así unha variedade deles, e escollín ese porque me pareceu o máis entretido e didáctico.
                                                                    por: Aldara Fernández Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...