jueves, 21 de febrero de 2019

BUCEANDO NOS ENLACES

A nosa seguinte proposta é a creación de actividades audiovisuais para o alumnado de Educación Primaria. Para iso, primeiramente cada unha de nós debe consultar individualmente as posibles ferramentas a utilizar.
Na miña búsqueda, atopei diversos recursos e diversas aplicacións para poder levalos a cabo, entre outros: videoquiz, cómic, animación, videotutorial, Book Trailer e Storytelling.

👉Para facer un Videoquiz, é importante mencionar páxinas como Blubr, Educanon e Teachem.
Todas estas son gratuítas, son webs e requiren de rexistro. A continuación, pódense ver na imaxe as vantaxes de cada unha.


Resultado de imagen de una selección de herramientas web para introducir preguntas en un video
Fonte: https://www.theflippedclassroom.es/una-seleccion-de-herramientas-web-para-introducir-preguntas-en-tu-video/


Educaplay tamén é unha boa aplicación para facer un videoquiz. Resulta moi atractiva e profesional, e podes buscar actividades nun gran catálogo con todas as temáticas e niveis.
https://es.educaplay.com/

👉Para facer cómics e debuxos animados é altamente recomendable Powtoon ou Pixton, ambas requiren rexistro.
Powtoon ten moitos efectos e, ademais, podes importar a túa propia música. Porén, non se pode descargar.
Por outra banda, Pixton permite personalizar o cómic (os fondos e os/as personaxes e engadirlles expresións e posturas). O resultado obtido pódese enviar por correo ou insertarse nunha web. É por esta razón que eu prefiro esta última aplicación.
Para facelo en 3D pódese usar unha aplicación chamada Toontastic.

👉 Stop motion é a ferramenta utilizada para facer a ilusión dunha animación a través da recopilación de fotos, onde cada foto supón unha leve modificación da anterior. É comunmente realizado con plastilina ou materiais moldeables. 
Un exemplo perfecto que se me ocorreu para que comprendades como funciona esta técnica sería "Wallace e Gromit", déixovos aquí unha mostra 🧀 https://youtu.be/fINws4Jdyuo?t=30 🧀

👉 Un dos enlaces que máis me impactou foi o manual de como facer un videotutorial. É moi interesante saber como facer unha captura do vídeo da pantalla para poder mostrar o que estás a facer. Para iso, pódese utilizar Atube-catcher, un manual moi didáctico que mostra paso a paso como facelo.
https://www.atubecatcher.es/

👉 BookTrailer é unha técnica que resulta moi atractiva. Consiste nunha narrativa dixital que serve para fomentar a lectura. Require de altas capacidades e habilidades para transformar o libro nun recurso audiovisual.
Non é sinxelo, leva moito traballo debido a a todas as tarefas que isto implica. Porén, incrementa a autoestima de todos os e as participantes do proxecto, e fomenta o traballo en grupo.

👉 Storytelling tamén require de moito tempo para creala. Esta actividade resúltalle ao alumnado moi interesante e divertida porque lle dá a impresión de que pode escoller o final con opcións múltiples para continuar a historia, pero realmente todo está preconfigurado polo creador/a (normalmente con PowerPoint). 
É unha ferramenta aproveitada para ensinar coñecementos e valores, despertando así o interés e motivación dos nenos/as e incentivando a creatividade e o traballo colaborativo.
Para que resulte vistoso, hai que facer unha boa división do plantexamento, nó e desenlace da historia, e personalizar aos/ás personaxes para que se sintan identificados con eles/as. Thinglink é das aplicacións máis coñecidas e sinxelas para facer isto.

Un exemplo moi viral actualmente que se me ocorreu para que teades unha idea sería a nova película de Black Mirror, "Bandersnatch".



Para todo isto, hai que ter sempre en mente que as ferramentas posteriormente a usar por nós deben de estar pensadas para o alumnado de Educación Primaria, polo que deben estar adaptadas ao seu nivel e capacidades. Tamén é moi importante pensar non só no que imos facer e o seus contidos, senón o que se está a transmitir con eles (valores e emocións).
No caso das Intelixencias Múltiples, moitos destes recursos serían aplicables ao noso proxecto, como: Book Trailer, o cómic e Stop Motion. Sempre gardando relación co noso tema.


Por: Inés Fernández Prieto


No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...