sábado, 23 de febrero de 2019

RECURSOS AUDIOVISUAIS

Esta entrada está adicada a mostrar a todo o alumnado de Educación Primaria unha gran cantidade de ferramentas para deseñar actividades audiovisuais. A continuación, mostrareivos unha serie de recursos atopados durante a miña búsqueda persoal, que vos serán de gran utilidade para crear os vosos propios.

Se o que queres facer é un Videoquiz, unha das páxinas que cabe destacar é educaplay. Esta ferramenta permite crear actividades educativas, exportar os teus recursos e utilizalos en calquera outro dispositivo diferente do orixinal. Para acceder a ela é preciso que o usuario/a estea rexistrado/a. É un recurso totalmente gratuíto que conta cun amplo buscador e temáticas variadas. https://es.educaplay.com/


https://es.educaplay.com/




Toontastic é una aplicación que permite debuxar, animar e narrar os teus debuxos. Permite mover as personaxes pola pantalla, engadir rexistros de voz e gardalos como un vídeo en 3D.

Para facer un cómic, recomendo persoalmente Pixton. Este permite, entre outras cousas, personalizar os teus fondos e personaxes e engadir expresións e posturas, así como acercar e afastar os elementos presentes en escena. 
Para usar esta ferramenta é necesario que o usuario/a se rexistre. Ademais deste, existen unha gran variedade de ferramentas adicadas á súa creación, como Witty Comics, Bitstrip ou ComicCreations. Pero, dende o meu punto de vista, non son tan completos coma o primeiro, xa que no caso deste último non permite pór tildes nin tampouco a letra “ñ”.

Por outro lado, para facer un debuxo animado úsase normalmente Go! Animate, ademais dos anteriormente citados. Nesta aplicación pódense elexir os escenarios e os/as personaxes, así como utilizar imaxes propias e engadir sons e texto.


https://www.pixton.com/for-fun?l=es/#video


Un Stop motion é unha secuencia continua de fotografías nas cales cada plano varía lixeiramente con respecto ao anterior, creando así una creativa animación de fotos formadas con distintos materiais. http://stopmotionnow.blogspot.com/
Caben destacar programas de ordenador como Dragonframe e Animator DV Free.
Se precisas de axuda, este vídeo será de gran utilidade https://www.youtube.com/watch?time_continue=90&v=GwPYQPMY8-s

E por último, un BookTrailer é un fantástico recurso para o fomento da lectura. Este consiste en recrear un libro cun recurso audiovisual. Este proceso é bastante complexo e require de moito tempo e preparación. http://revistababar.com/wp/booktrailers-en-el-aula-una-mirada-diferente-a-la-lectura/
Neste enlace podes ver un exemplo deste tipo de ferramenta: https://www.youtube.com/watch?v=_FJDAGFlk6I&feature=youtu.be

Algúns destes recursos serán aplicados ao noso proxecto grupal das Intelixencias Múltiples, como no caso do Book Trailer ou Stop motion.



Por: Alba González Bretaña


viernes, 22 de febrero de 2019

PROPOSTA DE MUDANZA PEDAGÓXICA

Gustaríame achegar a maiores un vídeo que descubrín ao chou nas redes sociais. Considéroo moi relevante para o noso proxecto porque garda moita relación coas intelixencias múltiples.

Recoméndovos que o vexades, non ten desperdicio ningún. Chámase "The people vs the school system", de Prince Ea. Déixovos aquí o enlace ao vídeo subtitulado en español para que lle poidades botar un ollo.
https://youtu.be/G0Ece11tlvU 💡


Ademais de concienciar ás persoas sobre a situación do actual sistema educativo e de como se debería reformar, faino de forma creativa. Recrea, utilizando as rimas, un xuízo no que el mesmo testifica contra os colexios. Critícaos por non ser capaces de cambiar algúns métodos aínda que a situación (o tempo) o esixa, e pola presión que crea nos nenos/as competir polas mellores cualificacións.

Afirma que é necesario modificar a actual disposición das aulas (maxistrais) onde o profesorado debe (por imposición das leis) dar unha clase a máis de 20 alumnos/as, sendo cada un/unha deles/as completamente diferente e cunhas necesidades e habilidades distintas (intelixencias múltiples) ao restoPero na escola só a intelixencia lóxico-matemática é considerada relevante, provocando así no alumnado a crenza de que son inferiores por non alcanzar os niveis desexados.


Na miña opinión, deberíanse fomentar as diferentes intelixencias múltiples porque cada neno/a ten unhas habilidades e capacidades que quizais non coincidan co compañeiro/a do lado.
A Luis pódeselle dar moi ben tocar varios instrumentos e a María os deportes. Isto non quere dicir que María sexa mellor que Luis nin viceversa, simplemente non son actividades equiparables. As intelixencias non teñen unha gradación, é dicir, unha persoa pode destacar nunha ou varias intelixencias pero outra a pode superar noutra/s.

Esta aplicación práctica na aula tería grandes vantaxes, tanto no alumnado como na sociedade, polo que deberiamos reformularnos moitas cuestións para poder mellorar así o mundo.🌍
Por: Inés Fernández Prieto

jueves, 21 de febrero de 2019

BUCEANDO NOS ENLACES

A nosa seguinte proposta é a creación de actividades audiovisuais para o alumnado de Educación Primaria. Para iso, primeiramente cada unha de nós debe consultar individualmente as posibles ferramentas a utilizar.
Na miña búsqueda, atopei diversos recursos e diversas aplicacións para poder levalos a cabo, entre outros: videoquiz, cómic, animación, videotutorial, Book Trailer e Storytelling.

👉Para facer un Videoquiz, é importante mencionar páxinas como Blubr, Educanon e Teachem.
Todas estas son gratuítas, son webs e requiren de rexistro. A continuación, pódense ver na imaxe as vantaxes de cada unha.


Resultado de imagen de una selección de herramientas web para introducir preguntas en un video
Fonte: https://www.theflippedclassroom.es/una-seleccion-de-herramientas-web-para-introducir-preguntas-en-tu-video/


Educaplay tamén é unha boa aplicación para facer un videoquiz. Resulta moi atractiva e profesional, e podes buscar actividades nun gran catálogo con todas as temáticas e niveis.
https://es.educaplay.com/

👉Para facer cómics e debuxos animados é altamente recomendable Powtoon ou Pixton, ambas requiren rexistro.
Powtoon ten moitos efectos e, ademais, podes importar a túa propia música. Porén, non se pode descargar.
Por outra banda, Pixton permite personalizar o cómic (os fondos e os/as personaxes e engadirlles expresións e posturas). O resultado obtido pódese enviar por correo ou insertarse nunha web. É por esta razón que eu prefiro esta última aplicación.
Para facelo en 3D pódese usar unha aplicación chamada Toontastic.

👉 Stop motion é a ferramenta utilizada para facer a ilusión dunha animación a través da recopilación de fotos, onde cada foto supón unha leve modificación da anterior. É comunmente realizado con plastilina ou materiais moldeables. 
Un exemplo perfecto que se me ocorreu para que comprendades como funciona esta técnica sería "Wallace e Gromit", déixovos aquí unha mostra 🧀 https://youtu.be/fINws4Jdyuo?t=30 🧀

👉 Un dos enlaces que máis me impactou foi o manual de como facer un videotutorial. É moi interesante saber como facer unha captura do vídeo da pantalla para poder mostrar o que estás a facer. Para iso, pódese utilizar Atube-catcher, un manual moi didáctico que mostra paso a paso como facelo.
https://www.atubecatcher.es/

👉 BookTrailer é unha técnica que resulta moi atractiva. Consiste nunha narrativa dixital que serve para fomentar a lectura. Require de altas capacidades e habilidades para transformar o libro nun recurso audiovisual.
Non é sinxelo, leva moito traballo debido a a todas as tarefas que isto implica. Porén, incrementa a autoestima de todos os e as participantes do proxecto, e fomenta o traballo en grupo.

👉 Storytelling tamén require de moito tempo para creala. Esta actividade resúltalle ao alumnado moi interesante e divertida porque lle dá a impresión de que pode escoller o final con opcións múltiples para continuar a historia, pero realmente todo está preconfigurado polo creador/a (normalmente con PowerPoint). 
É unha ferramenta aproveitada para ensinar coñecementos e valores, despertando así o interés e motivación dos nenos/as e incentivando a creatividade e o traballo colaborativo.
Para que resulte vistoso, hai que facer unha boa división do plantexamento, nó e desenlace da historia, e personalizar aos/ás personaxes para que se sintan identificados con eles/as. Thinglink é das aplicacións máis coñecidas e sinxelas para facer isto.

Un exemplo moi viral actualmente que se me ocorreu para que teades unha idea sería a nova película de Black Mirror, "Bandersnatch".



Para todo isto, hai que ter sempre en mente que as ferramentas posteriormente a usar por nós deben de estar pensadas para o alumnado de Educación Primaria, polo que deben estar adaptadas ao seu nivel e capacidades. Tamén é moi importante pensar non só no que imos facer e o seus contidos, senón o que se está a transmitir con eles (valores e emocións).
No caso das Intelixencias Múltiples, moitos destes recursos serían aplicables ao noso proxecto, como: Book Trailer, o cómic e Stop Motion. Sempre gardando relación co noso tema.


Por: Inés Fernández Prieto


miércoles, 20 de febrero de 2019

FERRAMENTAS PARA CREAR UN PÓSTER

Para facer un póster, primeiramente hai que seleccionar con que recursos facer o código QR  e a nube de tags ou nube de palabras. Tras isto, se incluirán como elementos do póster.

Analizamos todas as vantaxes e inconvintes de cada unha das aplicacións e eliximos Unitag para facer o código QR. Esta páxina é de fácil uso, permitindo a todas as persoas utilizala sen ningún problema nin confusión. 
Unha característica que nos gustou moito foi o feito de que se pode introducir unha imaxe no código, persoalizándoo. Así foi como rematamos facendo nós, poñendo a nosa foto de perfil do blog. Poderédelo ver no póster😊.



https://www.unitag.io/es/qrcode



Por outro lado, para facer a nube de tags, consideramos usar TagCrowd (pero só había un tipo de letra e cor) e WordArt. Co proceso de escolla deste paso tivemos algún que outro problema. 
Primeiramente, fixémolo en WordArt, pero non nos convenceu.
https://wordart.com/ 
Como segunda opción, tras ver as recomendacións en Faitic, optamos por Nube de Palabras. Quedamos bastante contentas e satisfeitas con ela, aínda que non daba a opción de gardar e houbo que facelo no momento. Pese a todo, consideramos que é moito máis eficaz e, a diferenza da outra aplicación, dá a posibilidade de invertir o debuxo e ten máscaras.🎨



https://www.nubedepalabras.es/



Na nosa opinión, estas dúas aplicacións (Unitag e Nube de Palabras) foron as máis eficaces e útiles para a creación dos pasos previos do noso póster. Para ver como finalmente quedaron integrados nel, podedes visitar a nosa entrada "Posteando o póster". Deixamos o enlace aquí👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/02/posteando-o-poster.html

POSTEANDO O PÓSTER

Para poder crear o noso póster "intelixencias múltiples" sobre todos os recursos escollidos relacionados co noso proxecto, primeiramente tivemos que facer unha consulta xeral. Antes de nada, vimos algúns pósters que nos serviron de exemplo e para ter así unha idea de base sobre ao que nos iamos enfrentar. 

Tras isto, decidimos con que aplicacións facer o código QR e a nube de palabras ou nube de tags.
Para poder seguir de cerca o paso de escolla destes, podedes visitar a nosa entrada "Ferramentas para crear un póster". Deixamos o enlace aquí 👀👉 https://intelixenciamultiple.blogspot.com/2019/02/como-crear-un-poster.html

A continuación, poidemos comezar a crear o póster, co cal tivemos tamén outro contratempo. Analizamos diversas opcións como Padlet, Pinterest e Gloster
Comezamos a facelo en Glogster, páxina moi recomendada para facer pósters. 
http://edu.glogster.com/?ref=com
A nosa primeira impresión foi moi boa, tiña unha gran variedade de fondos, imaxes, links, debuxos... Porén, atopámoslle un inconvinte. Tendo que incluír nós 12 recursos, só nos daba a posibilidade de engadir 6 obxectos.😓


Foi entonces cando tivemos a idea de usar Canva, anteriormente utilizada para facer o fondo que podedes ver no blog. Ten a posibilidade de facer pósters e permite unha maior movilidade durante o seu proceso.
https://www.canva.com/

Despois, todo resultounos moi sinxelo. Organizámonos e dividimos o espazo do póster de forma que non dése a impresión de que estivera moi comprimido. Para iso, ocorréusenos a idea de facer hipervínculos nos recursos e ter así moito máis espazo libre. Ademais de vinculalo a un recurso auditivo a través de YouTube para poder escoitar a música ao mesmo tempo. 
Este é o noso resultado💥💪
(preme no enlace para acceder os hipervínculos👀👇)



INTELIXENCIAS MÚLTIPLES por alba.bieber
https://www.canva.com/design/DADSDw5ttDc/RxGFewgjaclR83CoSjdmcg/view?presentation



Como conclusión, cremos que aplicacións como estas permiten a súa accesibilidade a todas as persoas, persoas que non teñen que ter moitos coñecementos sobre tecnoloxías para poder traballar comodamente. Aínda así, se hai algunha dificultade, teñen a posiblidade de acceder a blogs coma este e poder ver paso a paso, como se se tratase dunha guía, o seu proceso de creación.

Esperamos que vos gustase o póster!💛

miércoles, 13 de febrero de 2019

ANALIZANDO RECURSOS NA REDE


En primeiro lugar, elexín un xogo nomeado PLELQ que se xoga con realidade aumentada, con cubos que conteñen letras e algúns símbolos en 3D. A medida que vas avanzando no xogo vas desenvolvendo novas experiencias e retos educativos que hai que resolver. Ao facelo, estás fomentando as túas habilidades lingüísticas, lóxicas, matemáticas, interpersoais, intrapersoais e moitas máis, e estimulando todas esas intelixencias múltiples, dunha maneira didáctica á vez que entretida e divertida.

Con este xogo virtual, podes saber que é o que se che dá mellor e cal e no que te tes que esforzar máis porque te resulta demasiado difícil. A súa vez, os teus pais ou nais, descubren e saben cal é o que peor se che da e poden facer todo o posible para axudarche a que non che entorpeza demasiado. 
O persoal docente tamén pode facer uso desta aplicación na aula porque pode realizar actividades que fomenten as habilidades dos seus alumnos e alumnas e facer que desperten o interese en asignaturas que non lles gusten ou que lles custe máis. A través deste xogo pode conectar co alumnado e facer da sesión un rato agradable onde os rapaces e rapazas salgan da rutina e o pasen ben e, o máis importante, que sigan aprendendo e fomentando as súas intelixencias e comportamentos como compartir, respetar os turnos dos compañeiros/as, saber encaixar dun bo modo a derrota, saber gañar, etc.







En segundo lugar, elexín unha páxina web que contén varios xogos educativos online gratis sobre as materias que os nenos e nenas dan todos os días no colexio. Para xogar non necesitas facer unha conta. Por tanto, non fai falta expor ningún tipo de datos persoais.

Esta páxina web aporta moitas cousas boas ao noso proxecto sobre as intelixencias múltiples, xa que ademais de entreter aos máis pequenos/as, axuda a fomentar as súas destrezas e, incluso a desenvolver novas habilidades que xorderon a través dos xogos e que pensabamos que non as tiñan.


Ten máis de 500 onde poder elixir para que ademais de aprender, se divirtan. Os xogos están organizados por cursos, por idade e por asignaturas.


É bastante doada de entender porque está moi ben explicada e separada en bloques segundo a idade e as asignaturas, ademais de que conta con moitos xogos. Porén, estes xogos non son para todos/as, xa que non ten en conta a diversidade e se hai rapaces ou rapazas que teñan necesidades específicas especiais.











Por último, elexín un vídeo, que é unha reportaxe sobre como tratan as intelixencias múltiples na escola de Georgia.
Utilizan bastante as imaxes, onde desenvolven a súa intelixencia sobre os debuxos e as fotos, desenvolven actividades musicais para aprender os diferentes contidos. Por exemplo: para aprender os océanos e os continentes crearon unha canción, para saber as diferentes cidades, crearon un libro con debuxos de animais ou de materiais que se poden atopar e os nomes desas cidades.


Pola contra, o único curioso deste método é que non está de todo adaptado ás necesidades específicas de todo o alumnado, senón que se centra na gran maioría que non padece ningún inconvinte á hora de aprender con facilidade.



En resumo, dous destes ligazóns saqueinos dos que están colgados en Faitic. A páxina web CRISTIC, pertence á ligazón:  "Juegos_educativos_para_Infantil_y_Primaria" xa mencionada anteriormente. O último recurso, a reportaxe sobre a escola de Georgia na que se basan os docentes que a forman, atopeina entrando na ligazón https://www.xarxatic.com/51-blogs-educativos-para-este-2015/ . Alí hai unha gran variedade de blogs onde escoller o máis axeitado para o tema elixido. O que escollín foi o de Edutopia que está calificado como un blog multiautor que ten unha gran cantidade de recursos e reflexións educativas, onde aparecen estratexias e recursos para traballar na aula, como foi  no caso do vídeo de "Multiple Intelligences".
A aplicación PLELQ non a atopei en ningunha ligazón colgada en Faitic, senón que fun a Play Store (xa mencionada a ligazón) e puxen "intelixencias múltiples". Aparecéndome así unha variedade deles, e escollín ese porque me pareceu o máis entretido e didáctico.
                                                                    por: Aldara Fernández Domínguez

SURFEANDO EN INTERNET


Para poder traballar as intelixencias múltiples, as cales son fundamentais na educación, resulta útil coñecer algúns métodos que faciliten esta tarefa. É por iso que comezamos unha búsqueda con algunhas das múltiples aplicacións que poden ser de utilidade na aula con fins educativos. 

Para comezar esta búsqueda, utilizamos algúns dos recursos xa propostos, entre eles destacan varios blogs como 51 blogs educativos https://www.xarxatic.com/51-blogs-educativos-para-este-2015/ . Este blog recomenda outros que poden ser de utilidade para manterse informados sobre o mundo educativo e as actividades que outros/as docentes propoñen na aula.


Destes blogs podemos destacar algúns como "el mundillo de las TIC" capileiratic.blogspot.com/ no cal a partir de tutoriais ensina a traballar diversos recursos TIC. 

Outro blog que se menciona é "crea y aprende con Laura"   https://creaconlaura.blogspot.com/ . Este blog comparte gran cantidade de recursos cos que se pode traballar na aula, como o son xogos e tutoriais, a partir dos cales se traballan as intelixencias múltiples.

Eu decidín centrarme en tres das sete intelixencias: a intelixencia matemática, a intelixencia lingüística e a intelixencia cenestésico corporal, para as cales atopei unha inmensa cantidade de recursos dos cales tres chamaron a miña atención. Non só pola súa utilidade, senón pola súa facilidade á hora de levar a súa aplicación a unha aula de Educación Primaria.


A aplicación coa que se traballan as matemáticas é Stop the clock

http://www.cristic.com/portfolio-items/stop-the-clock/?portfolioID=10508 
Consiste en relacionar cada reloxo dixital con cadanseu  reloxo analóxico. Con esta aplicación os nenos e nenas poderán aprender a hora mentres xogan. Con isto conseguiremos captar a súa atención máis tempo e que así aprendan dunha forma máis sinxela e rápida.



Por outra parte, para poder desenvolver a intelixencia lingüística dun xeito moi práctico, os nenos e nenas poderán crear os seus propios contos nos cales poderán incluír imaxes, sons, etc de tal forma que poderán desenvolver a súa creatividade ao mesmo tempo que se traballa a ortografía, a creación de historias con orden cronolóxico. Divertíndose en todo momento.
A aplicación coa que poderían facer isto é Book builder.








Por último, para traballar a intelixencia cinestésica e corporal, unha aplicación como Filmic pro https://www.filmicpro.com/ resultará moi útil. Con ela poderán crear os seus propios vídeos, de xeito individual ou non, e poderán perfeccionar o seu desenvolvemento físico.






O xeito de traballar as intelixencias múltiples na aula é case tan importante como a forma en que o facemos. É por iso que contar cunha aplicación que facilite esta aprendizaxe é primordial para que o alumnos e  alumnas desenvolvan as súas capacidades ao máximo posible.


                                                                                   por: Alba González Rodríguez

domingo, 10 de febrero de 2019

RECURSOS VIRTUAIS

Durante a miña búsqueda individual consultei diversos recursos, todos eles relacionados co noso tema a tratar das Intelixencias Múltiples.

Entre todos eles cabe destacar este blog http://recursosinfantilprimaria.blogspot.com/
no cal se poden fomentar numerosas Intelixencias. Atendendo ao apartado de vocais, pode ser un recurso moi útil para desenvolver a Intelixencia Lingüística. O apartado de matemáticas será beneficioso para a Intelixencia Matemática, mentras que o apartado de Coñecemento do Medio será necesario para a Intelixencia Naturalista.


Outro dos recursos a visualizar foi http://www.cristic.com/juegos-educativos/ no cal se poden seleccionar xogos de diferentes niveis. Atedendo por exemplo ao rango de 3º e 4º de Primaria encontramos numerosos xogos para fomentar diversas intelixencias (inglés, matemáticas, música, plástica, naturales....). Do mesmo xeito ocorre se seleccionamos outros rangos como o 1º e 2º ou 5º e 6º de Primaria de menor ou maior dificultade respectivamente.

A continuación, explicarei os recursos que escollín, todos eles relacionados co noso proxecto sobre as Intelixencias Múltiples. Todas as integrantes do grupo buscamos 3 recursos diferentes entre os cales cabe destacar: revistas dixitais, xogos, aplicacións, series de televisión...



Fonte: https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/inteligencias-multiples-relacion-las-competencias/72582.html


Decanteime por elexir unha revista dixital, unha serie de televisión e un xogo, sobre os que profundizarei agora mesmo.

En primeiro lugar, a revista dixital coñecida baixo o nome de Revista Educación 3.0 atopada no seguinte enlace: https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/inteligencias-multiples-relacion-las-competencias/72582.html





Este artículo fai un pequeno resumo sobre as Intelixencias Múltiples e a súa relación coas competencias. Explica que en 1983 a Universidade de Harvard lanzou unha revolucionaria teoría psicolóxica, afirmando a existencia das 8 tipos de intelixencias: a lingüístico-verbal, a musical, a lóxico-matemática, a viso-espacial, a corporal-cinestésica, intrapersoal e naturalista.

En segundo lugar, Art Attack é unha marabillosa serie de televisión que explica paso a paso como facer manualidades, fomentándose así a intelixencia espacial. Tal e como se observa no seguinte enlace, neste exemplo pódese ver o proceso de creación de cadernos en 3D de forma persoalizada, orixinal e creativa. 



Por último, hai que mencionar un xogo coñecido baixo o nome de Plant Nanny-Water Reminder.

Este xogo é unha ferramenta de gran utilidade e fomenta a intelixencia naturalista. Permítenos coñecer distintos tipos de plantas e os coidados especiais de cada unha. 

Combina saúde con diversión, xa que o seu obxectivo fundamental é o coidado regular dunha determinada planta co fin de mantela viva e axudarlle a crecer.





Por: Alba González Bretaña

viernes, 8 de febrero de 2019

PROFUNDIZANDO NO PROXECTO

A Pizarra Dixital (PD) é un sistema tecnolóxico integrado por un ordenador e un videoproxector, que é o encargado de proxectar os contidos que se buscan na rede e se queren mostrar na clase. 
Esta pizarra permite interactuar sobre as imaxes e vídeos proxectados utilizando o rato e o teclado que complementan ao ordenador. A superficie de proxección pode ser de cor branca ou mesmo pódese empregar unha parede desa mesma cor.




Resultado de imagen de https://sites.google.com/site/comparativadepdi/
Fonte: https://sites.google.com/site/comparativadepdi/

A Pizarra Dixital Interactiva (PDI), que é a que vamos empregar no noso proxecto, tamén é un sistema tecnolóxico que está integrado polo mesmo que dixemos anteriormente na PD (ordenador e videoproxector) pero ademais ten un dispositivo de control de punteiro (lápiz-punteiro ou cos dedos, se é unha PDI táctil) que permite conectar unha superficie interactiva a contidos dixitais nun formato idóneo para a visualización en grupo. 


A vantaxe deste tipo de pantallas é que podes interactuar directamente coa superficie proxectada, sen facer falta o seu controlalo polo ordenador.
Aquí, a superficie de proxección tamén é unha pantalla branca que ten no seu interior o dispositivo de control de punteiro.

Estas pantallas tamén teñen a vantaxe de poder movelas fácilmente dunha clase cara a outra grazas a un soporte con rodas. Ademais, pódese impartir clase dende calquera ángulo da clase, sempre e cando lles sexa cómodo aos alumnos/as.



O uso deste tipo de recursos dixitais e informáticos foi aumentando a medida que pasaron os anos. Hoxe en día, todas as aulas de colexios de Educación Primaria e Secundaria gozan dunha. Grazas a este método, podemos sacar un gran proveito porque os alumnos/as disfrutan máis das clases e móstranse máis participativos/as. 
Hai pantallas dixitais que son moi caras e moitos centros non se as poden permitir. Por Iso, creáronse varias alternativas, que son as PDI de baixo coste. Ás veces, só tendo o ordenador e o proxector multimedia (que non valen máis de 60 euros) pódense obter uns resultados non tan profesionais pero que si satisfacen as necesidades da aula. 
 http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/es/component/content/article/585-monografico-pdi-de-bajo-coste?start=1


A creación de entornos educativos dixitais dirixidos ao desenvolvemento de contidos musicais vai favorecer a construcción única e persoal de aspectos cruciais na intelixencia de cada individuo/a. Na ligazón anterior, tamén ofrece a posibilidade de empregar o mando da consola para manexar a PDI, conectándose a bluetooth e creando un punto infravermello.

Con respecto a este recurso, podemos estimular as facetas do alumnado. A música  identifícase co desenvolvemento da creatividade, a intelixencia emocional e o pensamento diverxente. 
Partindo dos descubrimentos de Gardner sobre as intelixencias múltiples, sabemos que a creación dun entorno dixital axeitado vai facilitar o desenvolvemento único e personal de cada alumno/a, xa que favorece a comprensión do entorno dunha maneira máis coherente con cada estilo de aprendizaxe e c
ada unha das intelixencias que forman a mente do alumnado.

En conclusión,as PDI son un bo recurso para achegar e despertar o interese do alumnado en aprender cousas novas fomentando a súa participación e motivándoos con novos métodos de ensinanza que lles guste e non lle sexan moi difíciles de entender. Actualmente, estamos na era da tecnoloxía e cada vez son máis os avances que se fan sobre este campo, o que está moi ben porque axuda a tratar con nenos e nenas con dificultades.


                                                                                    
                                                                                                        por: Aldara Fernández Domínguez

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...