Benvidos a todas e a todos ao noso Blog!!!
O tema que trataremos ao longo do curso é coñecido como Intelixencias Múltiples.
Antes de nada, cabe mencionar que Gardner é o descubridor desta teoría que afirma que existen 8 tipos diferentes de intelixencia. Non sendo ningunha delas máis importante que a outra, cada persoa é posuidora de todas. Aínda que cada quen pode destacar en ámbitos distintos.
Fonte: http://blog.letramagica.com/index.php/menu-principal/la-teoria-de-las-inteligencias-multiples-de-gardner/ |
Eliximos este tema para facer fincapé e visualizar as destrezas en determinados ámbitos dos nenos e das nenas e así ofrecer un amplo abanico de información para todas aquelas persoas que podan estar interesados/as.
Persoalmente, a miña primeira impresión da asignatura foi moi boa, e penso que non lle teño medo as TIC, xa que actualmente son unha ferramenta fundamental na nosa sociedade. É necesario controlalas e facer un bo uso delas, tanto no entorno escolar como noutros moitos ámbitos.
Fonte: https://www.slideshare.net/nahomydiaz/las-tic-80026320 |
Por todo isto, podo decir que esta materia, baixo o nome de Novas Tecnoloxías Aplicadas a Educación Primaria, paréceme unha asignatura ideal e necesaria tanto ao longo da nosa carreira como para un futuro como docentes.
Por: Alba González Bretaña
No hay comentarios:
Publicar un comentario