martes, 29 de enero de 2019

ACERCAMENTO AO PROXECTO


Benvidos e benvidas ao noso blog!

As miñas compañeiras e mais eu puxémonos de acordo para escoller un tema e falar sobre el. O escollido foi o de intelixencias múltiples.

Esta intelixencia consiste no conxunto de saberes, non só académicos, que se inclúen na vida cotiá.
Tamén pode definirse como a capacidade de elaborar, asimilar e entender a información para        empregala dunha maneira xeralizada.                                  




                                             
Howard Gardner defende que a intelixencia é o potencial de cada persoa, e tamén afirma que a intelixencia é o conxunto de capacidades específicas con distintos niveis de xeralidade. El identificou oito tipos de intelixencia: a musical, a lóxico-matemática, a lingüístico-verbal, a intrapersonal, a viso-espacial, a corporal-cinestésica e a naturalista.



Resultado de imagen de inteligencia multiple

Fonte: http://www.educacionyculturaaz.com/inteligencias-multiples-una-generacion-de-superheroes/


A miña primeira visión da asignatura foi bastante boa, aínda que ao principio tiña un pouco de medo, xa que non se me dan ben as TIC. Farei todo o posible para aprender e solventar os problemas que me vaían surxindo ao longo do curso.
Esta materia, nomeada Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria é moi necesaria hoxe en día, tanto ao longo da carreira como cando estemos dando clases como futuros e futuras docentes, xa que é unha boa maneira de achegarlles coñecementos con maior facilidade aos alumnos/as e de facer as clases máis amenas e interactivas e que así desperten o seu interese.


                                                                        Por: Aldara Fernández Domínguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...