martes, 29 de enero de 2019

PUNTO DE PARTIDA

Benvidas e benvidos ao noso blog!

Antes de comezar coas nosas publicacións, gustaríame expresar a miña opinión sobre o que penso que nos imos atopar. 
Ao longo destas, comprobarei na reflexión final se os resultados coinciden ou se afastan moito da valoración desta presentación inicial.






Comunmente, a intelixencia vincúlase á habilidade lóxico-matemática para a resolución de problemas e ao éxito académico. Porén, non é unicamente iso. Existen unha ampla variedade de intelixencias, tal e como defenden Howard Gadner e o seu equipo da Universidade de Harvard que, ata agora, identificaron oito tipos: a intelixencia lingüístico-verbal, a musical, a lóxico-matemática, a viso-espacial, a corporal-cinestésica, a interpersoal, a intrapersoal e a naturalista. Todas elas son dunha importante relevancia telas en conta durante o proceso de formación dos nenos e das nenas, xa que, aínda que legalmente no ámbito educativo non sexan consideradas como tal, configuran a meirande parte da súa aprendizaxe e permiten mellorar a mesma. 

Resultado de imagen de inteligencias multiples
Fonte: https://www.masscience.com/2015/03/08/inteligencias-multiples-la-gallina-de-los-huevos-de-oro/


Como futura mestra de nenos e de nenas que cursen Educación Primaria ou, incluso, do profesorado desta etapa, creo moi necesario concienciar das intelixencias múltiples na escola e nos distintos axentes educativos. Sen tampouco esquecer ás familias, as maiores colaboradoras e reforzadoras das accións da escola.
Dado á consideración da súa inclusión, paréceme vital afondar nesta cuestión para que se comprenda o seu verdadeiro valor.
Unhas das ferramentas fundamentais para isto, e de moita utilidade, son as TIC. Desde o punto de vista educacional, permiten e facilitan ao profesorado mellorar a transmisión dos coñecementos e facela comprensible e sinxela aos ollos do alumnado.

Con respecto a esta materia e ao blog que estamos a facer nela as miñas compañeiras e mais eu, teño altas expectativas. Permitiranos ampliar o noso coñecemento tanto neste tema como no ámbito das TIC, para así poder mellorar como futuras mestras, propiciando o interese e a motivación do alumnado e, como consecuencia, unha mellor e maior aprendizaxe bidireccional. 

Por outra banda, teño un lixeiro temor. Isto é debido a que as novas tecnoloxías nunca foron o meu punto forte, polo que requerirá da miña parte un gran esforzo para adaptarme. 
Se o chegades a pensar, tamén é mellor. A maior esforzo, maiores son as gañas que lle pos!😄


Por: Inés Fernández Prieto

1 comentario:

TOCA DICIR ADEUS

A  creación deste blog concienciounos, tanto a min como ás miñas compañeiras, sobre a importancia das intelixencias múltiples e a necesidade...