Para poder realizar
os nosos propios recursos e aplicalos ao noso proxecto, primeiramente cada unha
de nós debe analizar os xa feitos e, obviamente, que estén relacionados co noso
tema, as Intelixencias Múltiples.
Na miña búsqueda
persoal🔍, encontrei diversos recursos que nos poden ser moi útiles para telos en
conta na creación dos nosos. Tendo como obxetivo a variedade e non a monotonía,
propuxémonos a escolla de varios recursos distintos, como xogos, contidos multimedia
ou audiovisuais, series ou recursos dixitais.
Para isto, tiven en
conta as seguintes páxinas:
Neste enlace atópanse xogos educativos online para primeiro e segundo de
Educación Primaria. Contén as materias e contidos destes dous cursos, desenvolvendo así as múltiples intelixencias: castelán e inglés (intelixencia lingüística), música (intelixencia musical), naturais (intelixencia naturalista),
xogos, informática… Con actividades interesantes e divertidas, como identificar as notas musicais nun pentagrama, descubrir o corpo humano ou escoller algún animal de todos os que se atopan na PDI, adquirindo así información deles a través de preguntas.
Este blog recomenda outros blogs con intención educativa, tanto para o profesorado como para o alumnado. Entre eles, gustaríame destacar:
"Crea y aprende con
Laura" (https://creaconlaura.blogspot.com/). Blog onde o profesorado pode
buscar centos de ferramentas e actividades para favorecer o interese dos nenos/as na aula e facilitar a transmisión da información.
"El Mundillo de las
TIC" (http://capileiratic.blogspot.com/). Blog para coñecer máis posibilidades de Google en Educación, con tutoriais para unha comprensión doada. Facilita recursos que permiten a interacción profesorado-alumnado, como unha explicación dos distintos usos de Google Drive.
Esta páxina web é moi útil. Ten varias seccións, en cada unha delas explica, con tutoriais incluso, como os nenos/as poden facer de forma creativa e sinxela carteis (con Glogster), comics (con Pixton), traballos coa lingua oral (grabación de audios para crear unha radio escolar, con Audacity) ou presentacións con fotos (con Photopeach).
A partir de todas estas ideas, considero moi relevante ter en conta os seguintes recursos que fun atopando no noso proxecto:
Dora la Exploradora
"Dora la Exploradora" é un medio
audiovisual educativo para os nenos/as dos primeiros cursos de Educación
Primaria. Ademais de tratar de fomentar o inglés,
esixe unha participación activa durante cada capítulo, tanto verbal como física.
Hai cancións e xera actitudes positivas no alumnado, como non roubar (“Swiper no robes”).
Hai cancións e xera actitudes positivas no alumnado, como non roubar (“Swiper no robes”).
Esta serie permítelles desenvolver a súa intelixencia lingüística, cinestésico-corporal, musical, lóxico-matemática e interpersoal.
Ortografía Española
"Ortografía Española" é un xogo
educativo moi práctico para o alumnado de Educación Primaria. Esta app ten múltiples opcións, todas elas para fomentar a boa ortografía. Contén 6
seccións: Probas (por temas ou por graos, a escoller), Plan de Estudo,
Resultados, Estadísticas, Campeonato e Máis asignaturas (acceso a apps
similares).
Esta aplicación de Play Store é un bo recurso para que desenvolvan a súa intelixencia lingüística, tendo cada vez menos erros ortográficos.✅🅐🅑🅒
Recursos educativos
"Recursos educativos" é un medio dixital
moi útil e práctico para o alumnado de todas as etapas de Educación Primaria.
Inclúe videocontos e videocancións, e xogos e actividades das asignaturas
propias de cada curso (matemáticas, lingua, coñecemento do medio e inglés). Permitindo así desenvolver a súa intelixencia lóxico-matemática, lingüística, naturalista e musical.
Por: Inés Fernández Prieto